Xornada ERN4mob Excursión ERN4mob Proxecto ERN4mob

Obxectivos

Os obxectivos específicos do proxecto ERN4mob son:
  • Establecer, desenvolver e mellorar a cooperación funcional e sustentable entre os diferentes municipios rurais europeos e os seus cidadáns de diferentes nacionalidades que conviven nas mesmas comunidades locais, para unha mellor integración, participación e interacción no país de residencia
  • Identificar as necesidades comúns con respecto á mobilidade laboral europea e desenvolver sinerxías a través do intercambio de boas prácticas entre os diferentes municipios rurais da UE que participan no proxecto, co fin de encontrar solucións ás problemáticas actuais de mobilidade en Europa e fortalecer a colaboración máis alá das actividades do proxecto a través da execución de prácticas innovadoras
  • Mellorar a comprensión mutua e a aprendizaxe sobre a diversidade multicultural na UE e sobre as políticas da UE en termos de mobilidade (centradas principalmente no mercado de traballo), e promover as oportunidades para o compromiso social e intercultural
  • Promover a cidadanía europea e mellorar as condicións de participación dos cidadáns europeos, nacionais e inmigrantes, que viven na mesma comunidade local, e, por tanto, para fomentar a súa participación na vida democrática e cívica da Unión e a súa cohesión social   

Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X