Castro das Barreiras Castro das Barreiras Castro das Barreiras

Abrir as Barreiras

Divulgación e difusión

Durante a campaña de escavación abril – 2018, o proxecto inclúe un plan de divulgación e difusión ideado para converter este xacemento nun lugar de aprendizaxe sobre a cultura castrexa pero tamén nun espazo para o encontro social, onde convidaremos a toda a veciñanza, a coñecer de primeira man os traballos de investigación e a participar das visitas ao Castro, guiadas polo propio director da escavación Tito Concheiro e o seu equipo científico.

A importancia que outorga este proxecto á divulgación reflíctese nunha intensa axenda de visitas para grupos escolares, asociacións culturais ou veciñais. Ademais cada xoves de abril o programa Abrir as Barreiras ofreceu a oportunidade de saber máis deste vella aldea castrexa a todos e a todas as interesadas.

As Barreiras non fecharán nunca, queda aberta a súa visita para goce de todos e todas as que sentides admiración, emoción e respecto por este lugar tan especial e que de seguro, moito aínda, nos seguirá a contar...

Próximas actividades:
     Sábado 25 de agosto - 10h30 
     Cerámica nas Barreiras
     Obradoiro de cerámica galaica coa Fundación Terra Termarum de Castrolandín de Cuntis
     Inscricións en turismo@vimianzo.gal e teléfono 981 716 001

COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X