Castro das Barreiras Castro das Barreiras Castro das Barreiras

O Castro

A outra fortificación do Val de Vimianzo

O castro das Barreiras, sitúase na parroquia de San Xoán de Cambeda, no concello de Vimianzo, capital da Terra de Soneira e centro da Costa da Morte. A súa localización, a unha distancia de apenas 2km do centro urbano de Vimianzo e á beira mesma da transitada estrada A Coruña – Fisterra, fai del un dos xacementos máis coñecidos da comarca e convérteo nun recurso cultural e turístico de primeira orde.

Pero as súas singularidades van máis aló: dende o punto de vista arqueolóxico, tanto a súa localización atípica, en plena chaira e dominando a paisaxe cóncava do val de Vimianzo, como a espectacularidade do sistema defensivo, cun ancho foso seguido dun complexo terraplén, muralla que chega a superar os 10m de altura nalgunha zona, fan del un xacemento de sumo interese para a investigación e a difusión social da cultura galaica.



COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X