#EuSAVE #EuSAVE España #EuSAVE Portugal #EuSAVE Berovo #EuSAVE Italia #EuSAVE Croacia #EuSAVE Bulgaria #EuSAVE Letonia

Obxectivos específicos

  • Establecer, desenvolver e mellorar a cooperación funcional e sustentable entre as diferentes comunidades rurais locais europeas, para lograr unha mellor colaboración, participación e interacción enfocada a novas ruralidades da UE, nas cales o patrimonio cultural interactúe coa innovación social.
  • Intercambiar boas prácticas, experiencias e coñecementos e crear sinerxías conxuntas que conduzan a un crecemento intelixente, sustentable e integrador das comunidades locais europeas, como vilas históricas sustentables e intelixentes en que a participación dos cidadáns na definición das estratexias de desenvolvemento local desempeñe un papel crucial.
  • Fomentar a cidadanía da UE e a súa participación na vida democrática europea e na valoración da vida cultural e histórica das súas comunidades locais e da súa Europa común.
  • Promover o coñecemento, a sensibilización e a identificación das comunidades rurais europeas coa súa historia e a súa cultura, incrementando e consolidando o valor social do patrimonio cultural compartido e implicando o maior número posible de cidadáns nos proxectos de revitalización das vilas históricas.
  • Promover a cidadanía europea e mellorar as condicións de participación da poboación rural da UE, fomentando o debate cidadán sobre o futuro dos territorios rurais europeos e a participación activa na busca de solucións que aseguren a sustentabilidade do desenvolvemento rural.
  • Mellorar a comprensión mutua e a aprendizaxe sobre a diversidade multicultural da UE e promover oportunidades de compromiso social e cultural.

Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X