Congreso Internacional "Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da UE"
Este congreso internacional enmárcase no proxecto europeo ERN4mob – European Rural Network for Job Mobility, pertencente ao programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 que ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural 2020.
O Concello de Vimianzo, líder da iniciativa, quere rematar o proxecto que deu comezo en xaneiro de 2016 organizando este evento internacional que acolla aos diferentes actores sociais implicados nas migracións e promovendo a participación dos demais socios europeos (Polonia, Portugal, Reino Unido, Italia e Eslovaquia).
A Universidade da Coruña (UDC) colabora coa organización deste Congreso Internacional a través do Equipo de Socioloxía das Migracións Interancionais (ESOMI – www.esomi.es), grupo de investigación experto en materia de migracións, radicado na Facultade de Socioloxía.
Data e lugar
- Lugar: Vimianzo, A Coruña
- Datas: do 04 ao 06 de outubro de 2017