24 de abril de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Aviso Legal

Concello de Vimianzo, en cumprimento de la Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, informa que:

  • A súa denominación social é 'Ayuntamiento de Vimianzo'.
  • O seu CIF é P1509300H.
  • Situación: Praza do Concello, 6, Vimianzo (A Coruña) CP 15 129. FAX 981 716 650.
  • Para comunicarse con nós, poñemos á súa disposición diferentes medios de contacto nesta web ou poderá chamar directamente ao 981 716 001.

Textos

Os textos desta web foron elaborados polo persoal dos distintos departamentos do Concello de Vimianzo. En todos os apartados se citan as fontes bibliográficas empregadas.

Fotografías

Concello de Vimianzo, Leonardo González e Javier Toba.

Responsabilidade sobre a Información

O Concello de Vimianzo crea esta web co obxectivo de facilitar ao público información sobre os seus servizos. Facilita links con outras administracións e entidades e non se fai responsable da exactitude e actualización da información que se ofrece ou á que desde esta web se remita.

Calquera persoa que desexe realizar unha queixa ou comentario sobre os contidos da web, pódeo facer a través da dirección desenvolvemento.local@vimianzo.gal

Propiedade intelectual

O Concello de Vimianzo é titular do dominio de internet vimianzo.es e vimianzo.gal
Os Dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade do Concello de Vimianzo.
Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos, facilitando así as súas relacións coa Administración do Concello de Vimianzo.

Cláusula de exención de responsabilidade

O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, O Concello de Vimianzo non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado.
O Concello de Vimianzo non se fai responsable dos danos e perdas que puidera ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.
O Concello de Vimianzo non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.
O Concello de Vimianzo reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Reprodución

A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización, excepto no que atañe a datos protexidos pola Lei Orgánica 15/ 1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Caracter Persoal ou outra información que puidera estar protexida por outras disposicións legais.

O Concello de Vimianzo non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas. A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

Servizo

Preténdense reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto ás interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Privacidade

A política de privacidade baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/ 1999, de protección de datos de carácter personal, e no resto da normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do cidadán ou da cidadá, que ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que estes sexan exactos e que se utilicen para o fin para o que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación.