26 de abril de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

11 sitios que visitar en Vimianzo

CASTELO DE VIMIANZO

GALEGO

A orixe do castelo data do século XIII, sendo fortaleza militar e centro xurisdicional no medievo, testemuña de loitas e intrigas entre a Igrexa e a casa dos Moscoso, futuros Condes de Altamira. Símbolo das Revoltas Irmandiñas, representa a loita do pobo contra a opresión do poder establecido.

No século XIX foi residencia e fonte de inspiración de Evaristo Martelo, destacado escritor do Rexurdimento galego. Dende 1973 é propiedade da Deputación da Coruña, contando nas súas dependencias cunha mostra de artesanía ao vivo e co centro de interpretación da Costa da Morte.

Máis info: www.castelodevimianzo.gal

CASTELLANO

El origen del castillo está datado en el siglo XIII, siendo fortaleza militar y centro jurisdiccional del medievo, testigo de luchas e intrigas entre la Iglesia y la casa de los Moscoso, futuros Condes de Altamira. Símbolo de las Revueltas Irmandiñas, representa la lucha del pueblo contra la opresión del poder establecido.

En el siglo XIX fue residencia y fuente de inspiración de Evaristo Martelo, escritor destacado del Rexurdimento gallego. Desde 1973 es propiedad de la Deputación da Coruña, contando en sus dependencias con una muestra de artesanía en vivo y con el centro de interpretación da Costa da Morte.

Más info: www.castelodevimianzo.gal

ENGLISH


The origin of the castle dates back to the XIII century. It was a military fortress and medieval jurisdictional center, witness of fights and intrigues between the Church and the House of Moscoso, future Counts of Altamira. Symbol of the Irmandiños Revolts (1467) it represents the struggle of the people against the oppression of the established power.

In the 19th century it was the residence and source of inspiration of Evaristo Martelo, an outstanding writer of the Galician Rexurdimento. Since 1973 it is property of the provincial institution Deputación da Coruña. Inside there is a live craft exhibition and the Costa da Morte Interpretation Center.

More information: www.castelodevimianzo.gal

PAZO DE TRASARIZ

GALEGO

Este enclave de Vimianzo, onde se xuntan en harmonía arquitectura e natureza, conforma unha das paraxes históricas máis relevantes do concello. O Pazo de Trasariz é un conxunto arquitectónico do século XVII fundado polos Altamira. Ao longo da historia pasou por outras familias e actualmente é propiedade privada de José Romualdo Nogueira Paz. Os seus elementos arquitectónicos máis destacables son as grandes chemineas, amplos balcóns, os seus insignes arcos e a capela barroca do seu interior datada no século XVII.

CASTELLANO

Este enclave de Vimianzo, donde se juntan en armonía arquitectura y naturaleza, conforma uno de los parajes históricos más relevantes del ayuntamiento. El Pazo de Trasariz es un conjunto arquitectónico del siglo XVII fundado por los Altamira. A lo largo de la historia pasó por otras familias y actualmente es propiedad privada de José Romualdo Nogueira Paz. Sus elementos arquitectónicos más destacables son las grandes chimeneas, amplios balcones, sus insignes arcos y la capilla barroca de su interior del siglo XVII.


ENGLISH


This place of Vimianzo, where architecture and nature come together in harmony, is one of the most important historical sites of the municipality. The manor Pazo de Trasariz is a 17th century architectural complex founded by the Counts of Altamira. Throughout history it has passed through other families and is currently the private property of José Romualdo Nogueira Paz. Its most remarkable architectural elements are the large chimneys, the great balconies, its remarkable arches and the baroque chapel of Our Lady of Solitude.

CASTRO DAS BARREIRAS

GALEGO

Situado en pleno val de Vimianzo, conta cunha extensión de 4000 m² e pertence á segunda Idade de Ferro, entre os séculos ll e l a.C. É considerado unha xoia dentro dos xacementos arqueolóxicos do noroeste peninsular, xa que o seu emprazamento é singular ao estar no interior do val, característica que fai que estivese desprotexido de posibles ataques, polo que, os castrexos construíron unha muralla con tramos de ata 8 metros de altitude que aínda podemos percorrer na actualidade.

CASTELLANO

Situado en pleno valle de Vimianzo, cuenta con una extensión de 4000 m² y pertenece a la segunda Edad de Hierro, entre los siglos ll y l a.C. Está considerado como una joya dentro de los yacimientos arqueológicos del noroeste peninsular, ya que su emplazamiento es singular al estar en el interior del valle, característica que hace que estuviese desprotegido de posibles ataques, por lo que, los castreños construyeron una muralla con tramos de hasta 8 metros de altitud que aún podemos recorrer en la actualidad.


ENGLISH


Located in the valley of Vimianzo has an area of 4000 m² and was built over the second Iron Age, between the ll and l centuries BC. It is considered a jewel within the archaeological sites of the northwest peninsular, since its location is uncommon as it is in a valley. This feature makes it unprotected from possible attacks, so the “galaicos” built an astonishing wall with sections of up to 8 meters high.

CAPELA DE SAN BARTOLO

GALEGO

Illada no alto do monte, vixiante do val de Vimianzo, temos a capela de San Bartolo, dedicada ao dito apóstolo. Esta pequena construción sen datar é nomeada en documentos por primeira vez no ano 1681. Albergaba no seu interior unha imaxe do mártir que a día de hoxe se atopa na igrexa parroquial de Salto. Tamén se lle atribúen a San Bartolo propiedades milagreiras como a protección fronte catástrofes naturais e curandeiras para aliviar doenzas como o mal de gorxa.

CASTELLANO

Aislada en el alto del monte, vigilante del valle de Vimianzo, tenemos la capilla de San  Bartolo, dedicada a dicho apóstol. Esta pequeña construcción sin datar es nombrada en documentos por primera vez en el año 1681. Albergaba en su interior una imagen del mártir que a día de hoy se encuentra en la iglesia parroquial de Salto. También se le atribuyen a San Bartolo propiedades milagrosas como la protección frente catástrofes naturales y curanderas para aliviar dolencias como el mal de garganta.

ENGLISH


Isolated on the top of the mountain, watching over the valley of Vimianzo, the chapel of San Bartolo is dedicated to Bartholomew the Apostle. This small undated building is named in documents for the first time in 1681. It housed in its interior an image of the martyr that today is preserved on the parish church of Salto. It is also attributed to San Bartolo miraculous properties such as protection against natural disasters and witches, and to mitigate ailments such as sore throat.

PORTO DE CEREIXO

GALEGO

Parroquia do concello de Vimianzo situada na entrada da Ría de Camariñas. A primeira referencia escrita é no 1228 dunha viaxe realizada polo último rei de Galicia e León, Afonso IX, na que outorgaba unha “carta puebla” ao lugar. O conxunto de Porto Cereixo presenta construcións de casas de pedra con balcóns, propiedade na Idade Moderna de familias fidalgas relacionadas con negocios marítimos, administración de muíños de mareas ou cobro de foros.

Como edificacións importantes no lugar podemos destacar as Torres de Cereixo, construídas no século XVI; Vila Purificación, mansión con características dun pazo do século XVIII e que conta cun dos cabazos de maior lonxitude da Costa da Morte. Unha visita obrigada para o visitante é a igrexa románica de Santiago de Cereixo, datada entre os séculos XII-XIII e que presenta no tímpano da portada sur unha representación da traslatio, única no románico galego.

Maís info: https://www.vimianzo.gal/omardevimianzo/

CASTELLANO

Parroquia del ayuntamiento de Vimianzo ubicada en la entrada de la Ría de Camariñas. La primera referencia escrita es en el 1228 de un viaje realizado por el último rey de Galicia y León, Afonso IX, en la que otorgaba una “carta  puebla” al lugar. El conjunto de Porto Cereixo presenta construcciones de casas de piedra con balconadas, propiedad en la Edad Moderna de familias hidalgas relacionadas con negocios marítimos, administración de molinos de mareas o cobro de foros.

Como edificaciones importantes en el lugar podemos destacar las Torres de Cereixo, construidas en el siglo XVI; “Vila Purificación” mansión con características de un pazo del S. XVIII y que cuenta con uno de los hórreos de mayor longitud de la Costa da Morte. Una visita obligada para el visitante es la iglesia románica de Santiago de Cereixo, datada entre los siglos XII y XIII, que presenta en el tímpano de la portada sur una representación de la “ traslatio”, única en el  románico gallego.

Más info: https://www.vimianzo.gal/omardevimianzo/ 


ENGLISH


This place of Vimianzo is located at the mouth of Camariñas Bay. The first written reference is from 1228. That year, the last king of Galicia and León, Afonso IX, visited the village which he granted with different privileges. The traditional architecture of Porto de Cereixo is well preserved. Some of the great stone houses with balconies were owned in the Modern Age by noble families related to maritime business, administration of tide mills or collection of taxes.

The most remarkable places in the village are Cereixo Towers - built in the sixteenth century -; "Vila Purificación" - mansion with characteristics of a manor house of the eighteenth century - and its big granary, one of the longest hórreos of Costa da Morte. A must for the visitor is the Romanesque church of Santiago de Cereixo, dated between the XII- XIII centuries. The tympanum of the south door represents the translation of Saint James the Apostle from the Holy Land to Galicia, a subject unique in the Galician Romanesque.

More information: https://www.vimianzo.gal/omardevimianzo/

BATÁNS E MUÍÑOS DO MOSQUETÍN

GALEGO

Enclave natural e etnográfico a carón do río do Porto, composto por dúas edificacións que albergan sete muíños (negreiros e alveiros) e tres batáns que funcionan con enerxía hidráulica.

Os batáns ou estruturas de madeira de orixe medieval serven para “bater” tecidos de lá ou liño ata compactalos, facéndoos máis tupidos e resistentes á humidade e ao frío. Non temos a súa datación exacta mais aparecen rexistrados no Catastro de Ensenada no 1753.

Máis info: https://osbatans.gal/

CASTELLANO

Enclave natural y etnográfico al lado del río do Porto, compuesto por dos edificaciones que albergan siete molinos (negreros y alveiros) y tres batanes que funcionan con energía hidráulica.

Los batanes o estructuras de madera de origen medieval sirven para golpear tejidos de lana o lino hasta compactarlos, haciéndolos más tupidos y resistentes a la humedad y al frío. No tenemos su datación exacta, pero aparecen registrados en el Catastro de Ensenada en el 1753.

Más info: https://osbatans.gal/

ENGLISH

Natural and ethnographic place located at the bank of Porto River. There are seven mills and three fulling mills that operate with hydraulic energy distributed on two historical buildings.

The fulling mills are wooden structures invented at Middle Ages. They are used to beat wool or linen fabrics until they are compacted, making them thicker and more resistant to humidity and cold. We do not know when they were built, but they appear registered in the Ensenada Cadastre in 1753.

More information: https://osbatans.gal/

MONTE TORÁN

GALEGO

O Monte Torán é un lugar onde conflúen natureza, deportes ao aire libre, arquitectura relixiosa e enigmáticos milagres. Este terreo situado na parroquia de Bamiro a 227 metros de altura alberga unha das capelas máis interesantes da contorna. A ermida dedicada á Nosa Señora do Monte Torán data do século XVII e foi remodelada no XVIII. Crese que antigamente formou parte importante dunha antiga ruta xacobea.

CASTELLANO

El Monte Torán es un lugar donde confluyen naturaleza, deportes al aire libre, arquitectura religiosa y enigmáticos milagros. Este terreno situado en la parroquia de Bamiro a 227 metros de altura alberga una de las capillas más interesantes del entorno. La ermita dedicada a Nuestra Señora del Monte Torán data del siglo XVII y fue remodelada en el  XVIII. Se cree que antiguamente formó parte importante de una antigua ruta xacobea.

ENGLISH


Natural and ethnographic place located at the bank of Porto River. There are seven mills and three fulling mills that operate with hydraulic energy distributed on two historical buildings.

The fulling mills are wooden structures invented at Middle Ages. They are used to beat wool or linen fabrics until they are compacted, making them thicker and more resistant to humidity and cold. We do not know when they were built, but they appear registered in the Ensenada Cadastre in 1753.

ROTEIROS

Wikiloc Turismo de Vimianzo

1.1. Vierio fidalgo.

GALEGO

Roteiro etnoarqueolóxico que conecta ás parroquias de Berdoias e Boallo. Ao longo deste percorrido circular de 9 km poderemos gozar de petróglifos, dolmens, hórreos, pontes e casas fidalgas.

CASTELLANO

Ruta etnoarqueológica que conecta a las parroquias de Berdoias y Boallo. A lo largo de este recorrido circular de 9 km podremos disfrutar de petroglifos, dólmenes, hórreos, puentes y casas hidalgas.

ENGLISH


Ethno-archaeological route that connects the villages of Berdoias and Boallo. Along this circular route of 9 km, we can enjoy prehistoric petroglyphs, dolmens, granaries, bridges, and noble houses.


1.2.  Val de Vimianzo
 
GALEGO

Cunha duración aproximada de tres horas a pé e de 10 km de distancia, este roteiro circular de dificultade baixa ten coma punto de partida o Castelo de Vimianzo. Durante o percorrido poderemos coñecer a estrutura da poboación, así coma importantes exemplos da arquitectura tradicional entre os que se atopan conxuntos de cabazos, alvarizas...Por outra banda, cabe destacar o importante patrimonio cultural que atravesa: Castro das Barreiras, Pazo de Trasariz, Igrexa de Cambeda co seu cabazo ou o Pazo de Trasouteiro e capela.

CASTELLANO

Con una duración aproximada de tres horas a pie y de 10 km de distancia, esta ruta circular de dificultad baja tiene como punto de partida el Castelo de Vimianzo. Durante el recorrido podremos conocer la estructura de la población, así como importantes ejemplos de la arquitectura tradicional entre los que se encuentran conjuntos de hórreos, alvarizas...Por otra parte, cabe destacar el importante patrimonio cultural que atraviesa: Castro de las Barreras, Pazo de Trasariz, Iglesia de  Cambeda con su hórreo o el Pazo de Trasouteiro y capilla.

ENGLISH


With an approximate duration of three hours and 10 km, this circular track of low difficulty starts at the castle of Vimianzo. During the tour we will discover the structure of the population of the Valley, as well as important examples of traditional architecture like granaries, mills, apiaries... On the other hand, it is noteworthy the important cultural heritage: the Iron Age Hillfort of As Barreiras, the manors and chapels of Trasariz and Trasouteiro, or Cambeda Church with its large granary.



1.3.  Ruta dos dolmens
 
GALEGO

Este roteiro circular para realizar en coche ou bicicleta, transpórtanos a tempos prehistóricos visitando a maior concentración de monumentos megalíticos de Galicia. Dende dolmens -onde poderemos coñecer a cultura funeraria dos nosos devanceiros - até petróglifos, representacións gráficas en pedra.
  • Dolmens sinalizados: Pedra Cuberta, Pedra Moura, Pedra da Lebre, Arca da Piosa, Pedra da Arca, Arca de Rabós, Casota de Freáns, Arquiña de Vilaseco e Mina de Recesindes.
CASTELLANO

Esta ruta circular para realizar en coche o bicicleta, nos transporta a tiempos prehistóricos visitando la mayor concentración de monumentos megalíticos de Galicia. Desde dólmenes - donde podremos conocer la cultura funeraria de nuestros ancestros - hasta petroglifos, representaciones gráficas en piedra.
  • Dólmenes señalizados: Pedra Cuberta, Pedra Moura, Pedra da Lebre, Arca da Piosa, Pedra da Arca, Arca de Rabós, Casota de Freáns, Arquiña de Vilaseco e Mina de Recesindes.
ENGLISH


This circular route  - done by car or bicycle -, takes us back to prehistoric times visiting the largest concentration of megalithic monuments in Galicia. From dolmens - where we can learn about the burial culture of our ancestors - to petroglyphs, graphic representations in stone.

  • Dolmens: Pedra Cuberta, Pedra Moura, Pedra da Lebre, Arca da Piosa, Pedra da Arca, Arca de Rabós, Casota de Freáns, Arquiña de Vilaseco and Mina de Recesindes.
 
1.4. Penedos de Pasarela.
 
GALEGO

Sendeiro cunha lonxitude de 6,5 km de percorrido lineal e dificultade media. Os penedos son formacións graníticas que a erosión moldeou dando formas tan curiosas como un camelo, unha esfinxe ou unha quenlla. Esta ruta inspiradora culmina nun museo natural con espectaculares panorámicas a 274 m. de altitude que esperta os sentidos e a imaxinación envolta no misterio do tempo. A Cachucha, O Berrón, A Aguia, A Tartaruga, O Gardián son algúns dos nomes descritivos cos que a enxeño popular os dotou. Cabe destacar a súa riqueza paisaxística que serviu de inspiración a grandes autores coma Manuel Rivas ou Eduardo Pondal.

Foi declarada paisaxe protexida pola Xunta de Galicia no ano 2009 polo seu interese xeolóxico e xeomorfolóxico.

CASTELLANO

Sendero con una longitud de 6,5 km de recorrido lineal y dificultad media. “Os penedos” son formaciones graníticas que la erosión moldeó dando formas tan curiosas como un camello, una esfinge o un tiburón. Esta ruta inspiradora culmina en un museo natural con espectaculares panorámicas a 274 m. de altitud que despierta los sentidos y la imaginación envuelto en el misterio del tiempo. A Cachucha, O Berrón, A Aguia, A Tartaruga, O Gardián son algunos de los nombres descriptivos con los que el ingenio popular los dotó. Cabe destacar su riqueza paisajística que sirvió de inspiración a grandes autores como Manuel Rivas o Eduardo Pondal.

Fue declarada paisaje protegido por la Xunta de Galicia en el año 2009 por su interés geológico y geomorfológico.
 
ENGLISH


Trail of 6.5 km, linear route, and medium difficulty. "Os penedos" are granite formations that natural erosion has shaped into curious sculptures such as a camel, a sphinx, or a shark. This inspiring track culminates in a natural museum with spectacular panoramic views at 274 m. that awakens your senses and imagination, wrapped in the mystery of time. A Cachucha, the Screamer, the Eagle, the Turtle, the Keeper are some of the descriptive names with which popular ingenuity endowed them. It is worth mentioning its rich landscape that inspired great authors such as Manuel Rivas or Eduardo Pondal.

It was declared a Protected Landscape by the Xunta de Galicia in 2009 for its geological and geomorphological interest.


1.5.  Vía Mariana.
 

GALEGO

Esta ruta de peregrinación ten a súa orixe nas rutas ancestrais que poden remontarse ao Neolítico ou Idade de Ferro e posteriormente cristianizadas. A Vía Mariana une os principais santuarios de devoción á Virxe dende Braga até Muxía por camiños históricos. No concello de Vimianzo comeza no Encoro da Fervenza, no Orbellido, e remata nos petróglifos de Boallo ou Pedra do Frade.

CASTELLANO

Esta ruta de peregrinación tiene su origen en las rutas ancestrales que pueden remontarse al Neolítico o Edad de Hierro y posteriormente cristianizadas. La Vía Mariana une los principales santuarios de devoción a la Virgen desde Braga hasta Muxía por caminos históricos. En el ayuntamiento de Vimianzo comienza en el Encoro da Fervenza, en Orbellido, y finaliza en los petroglifos de Boallo o Pedra do Frade.

ENGLISH


This pilgrimage route has its origin in the ancestral routes that can be traced back to the Neolithic or Iron Age, later Christianized. The Via Mariana links the main sanctuaries of devotion to the Virgin from Braga (Portugal) to Muxía (Galicia) by historical paths. The way enters in Vimianzo by the Fervenza Dam, in Orbellido, and ends at the petroglyphs of Boallo and Pedra do Frade.