26 de abril de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Actividades Verán 2019

VIMIANZO, HISTORIA VIVA

O concello vimiancés continúa coa súa aposta polo sector ofertando unha nova serie de visitas guiadas polos seus principais atractivos turísticos. Dende o luns 15 de xullo, todas aquelas persoas que se acheguen ata a Terra de Soneira poderán disfrutar das seguintes visitas:

CASTELO E VILA DE VIMIANZO - Visitas guiadas e teatralizadas

VISITAS TEATRALIZADAS (xullo e agosto)

Domingo ás 13h e ás 17h. 

Elvira de Ogas e Roi de Cereixo cumpren a penitencia de contar a súa traizón até que morran 500 papas de Roma. A lenda dos Mariño, os conflitos entre os Moscoso de Altamira e os Fonseca, a guerra irmandiña, a represión dos nobres e a vida no castelo desde a Idade Media até os nosos días.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez, Lucho Penabade. "Os Quinquilláns"

VISITAS GUIADAS (xullo e agosto): 
- A vila do castelo 
Visita pola vila de Vimianzo con final no castelo. 
Todos os martes e xoves ás 12h e os venres ás 18h30 - Punto de partida: escaleiras da Casa do Concello

- O castelo de Vimianzo 
Visita pola historia da fortaleza. 
Todos os mércores ás 17h - Punto de partida: patio de armas

- Os segredos do castelo
Visita polos detalles máis descoñecidos da fortaleza. 
Todos os domingos ás 12h - Punto de partida: patio de armas

BATÁNS E MUÍÑOS DO MOSQUETÍN

Poñemos en funcionamento o muíño para que vexas como se fai a fariña de millo e explicamos este fantástico conxunto etnográfico, único en toda Galicia. 

Visitas guiadas
Todos os martes e os venres ás 17h00
Comeza no propio lugar do Mosquetín.

CASTRO DAS BARREIRAS

Descubre os enigmas do gran castro do Val de Vimianzo e como vivían os seus habitantes no final da Idade do Ferro. Poderás pasear polas súas murallas e coñecer en detalle as escavacións do xacemento arqueolóxico. 

Visitas guiadas
Todos os mércores ás 12h
Todos os xoves ás 17h
O lugar de encontro é a entrada do propio castro. 

CASOTA DE FREÁNS E PEDRA CUBERTA

Cada semana, todos os venres visitamos un dolmen diferente de Vimianzo. 
O venres próximo, o 30 de agosto, finalizaremos a temporada cunha visita a Pedra Cuberta. A visita guiada comezará no propio dolmen ás 11 da mañá.

Contacontos no Castelo

O vindeiro sábado 31 de agosto, ás 19.30h, terá lugar no Castelo o contacontos da compañía Teatro del Andamio que leva por título "A PRINCESA TERESA E TIBURCIO BOGABANTE, CABALEIRO ANDANTE" 
Con el pecharemos a programación deste verán 2019!

Descargas