7 de maio de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Vivenda Vacacional Os Batáns (antiga pensión)

Espagueti con Lagostinos

Ingredientes: espagueti, lagostinos, aceite de oliva, allos, pementa branca, nata, sal e wisky.

Preparación: Cócese o espagueti en auga con sal. Pélanse os lagostinos e nunha tixola frítense os allos. Cando collan cor bótanse os lagostinos poñéndolles sal e pementa ao gusto, canto estean feitos bótaselle un chorro de whisky e préndeselle lume. Cando se apague pónselle un chorro de nata líquida e dáselle unha fervedura, bótanse por enriba dos espaguetis e sérvese o prato.

Polo do curral

Ingredientes: polo do curral, aceite de oliva, allos,  pementa, sal, viño branco, coñac e perexil.

Preparación: Cóllese o polo limpo e córtase en anacos. Logo, nunha tixola ponse aceite de oliva e allos. Cando os allos se empecen a dourar ponse o polo e vaise dourando por todo. Despois ponse nunha pota o aceite de dourar o polo, o sal e pementa ao gusto, un chorro de viño branco e outro de coñac. Tápase e déixase cocer a lume lento.

Torta de Queixo Fría

Ingredientes: tres envases de queixo de untar, medio litro de nata líquida, medio litro de xelatina, un paquete de galletas integrais, cento cincuenta gramos de manteiga, marmelada de amorodo.

Preparación: Esnaquízanse as galletas e mestúranse coa manteiga, que poñemos a cocer nunha tixola. Coa pasta resultante cubrimos o fondo do molde. Logo nunha cunca mestúrase o queixo, a nata e a xelatina, que teremos mesturada coa auga correspondente, e bátese. Métese todo no molde. Déixase arrefriar na neveira e decórase coa marmelada de amorodo.