4 de maio de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Game of Fortes

Game of Fortes é un roteiro teatral auditivo, coproducido polas compañías Limiar e NegroLópez, que da a coñecer a nosa historia e o noso patrimonio dun xeito lúdico e innovador. Coma se dun xogo de rol se tratase, o oínte recibirá indicacións coas que deberá atopar elementos do Castelo que, a través de códigos QR, darán acceso a escenas protagonizadas por personaxes históricos e ficticios. Deste xeito, preténdense rescatar figuras femininas esquecidas que tamén formaron parte da historia.

Game of Fortes utiliza a tecnoloxía 8D, tamén coñecida como son binaural. Este sistema reproduce os sons segundo a súa disposición no espazo, dando ao usuario unha maior sensación de realismo. 

Game of Fortes é unha experiencia destinada  ao público de todas as idades que visite o Castelo de Vimianzo.

Para participar simplemente se precisa duns auriculares e dun teléfono móbil con conexión a Internet e que lea códigos QR. Para comezar a actividade, só hai que dirixirse ao panel informativo situado na entrada do Castelo.

.

Ligazóns