28 de novembro de 2021
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

NOVAS MEDIDAS COVID19 - CASTELO E O MOSQUETÍN

CASTELO DE VIMIANZO

O castelo de Vimianzo conta cun plan de continxencia para adaptarse á nova situación, na que se tomarán diferentes medidas de prevención e seguranza. Ademais establécese un itinerario de visita, con punto de comezo na oficina de información, onde se explicarán todas as novidades con detalle. 

O visitante, tras cruzar a porta do castelo, accederá á zona de acollida nun primeiro momento para ser recibido. Se houbese máis persoas sendo atendidas e se supere o aforo máximo permitido na sala (2 persoas) debe esperar no exterior, na rampla de acceso a súa quenda. En todo momento debe respectar as distancias de seguridade e levar posta a máscara.

Unha vez no interior, a persoa que reciba ao visitante daralle a benvida ao castelo explicándolle as características e historia do monumento e de que vai visitar, o itinerario recomendado de visita e as medidas hixiénicas e de seguridade a adoptar, indicando a situación dos baños por se queren realizar un lavado de mans e a localización de solución hidroalcohólica.

Ademais ofrecerá folletos informativos segundo a demanda (non estarán á man do visitante) e responderá calquera cuestión sobre a Costa da Morte. Se existise moita espera, deberá recomendar ao visitante que se achegue de novo ao punto de información ao final da visita.

IMPORTANTE: as visitas guiadas teñen un límite de 10 persoas por grupo e deberá realizarse reserva previa. Pode consultar os horarios no apartado Castelo Vivo - Visitas guiadas 

 

CASTELO DE VIMIANZO - GRUPOS

Seguindo as medidas actuais de aforo permitido, os grupos numerosos (máis de 10 persoas) deberá ser organizado en subgrupos de máximo 10 persoas. Non poderá haber máis de un grupo ao mesmo tempo no recinto do castelo.

Rogamos encarecidamente que os grupos reserven a súa visita con antelación, en calquera das situacións sexa ou non unha visita guiada. Esto facilitará tanto o noso traballo como a comodidade do grupo de visitantes, velando entre todos por unha visita segura e responsable. A reserva realizarase obrigatoriamente a través de correo electrónico turismo@vimianzo.gal.

A persoa responsable do grupo deberá entrar en primeiro lugar para confirmar que o grupo realizou a reserva previa, e comunicarse coa persoa de acollida no castelo que lle explicará como poder realizala visita e distribuír ao grupo pola fortaleza.

O grupo debe respectar as normas e o aforo establecido para cada sala e aseos, como calquera outro visitante.

AFORO MÁXIMO DO RECINTO: 40 persoas

Aforo por zonas:
- Torre este: 6 persoas
- Torre sur: 3 persoas
- Oleiro: 2 persoas
- Telar: 6 persoas
- Palilleiras: 6 persoas
- Cociña: 2 persoas
- Liño: 2 persoas
- Barcos e nasas: 2 persoas

Para evitar aglomeracións distribuirase ao grupo polas diferentes estancias en orde e respectando as esperas e distancias de seguridade.

 



BATÁNS DO MOSQUETÍN

Respecten as distancias de seguridade interpersoais para así evitar superar o aforo dentro do Conxunto Etnográfico do Mosquetín e na área de lecer á beira do río do Porto. 
Tamén se lembra a importancia de usar máscara (especialmente no interior dos muíños) e da desinfeccións de mans.

AFORO MÁXIMO DO RECINTO: 9 persoas

Aforo por zonas:
-Muíño do Relón: 1 persoa
-Muíños de Arriba: 2 persoas
-Batáns: 2 persoas
-Muíño Albeiro: 1 persoa
-Muíños Negreiros: 2 persoas

 


BATÁNS DO MOSQUETÍN - GRUPOS

O Conxunto Etnográfcio dos Batáns e Muíños do Mosquetín permanecerá aberto en tempada alta tódolos días do 1 de xuño ao 30 de setembro de 10:00 a 20:00. O horario en tempada baixa, do 1 de outubro ao 31 de maio de 11:00 a 18:00.

A partir do 17 de xullo ao 31 de agosto de 2021 realizaranse visitas guiadas (MÁXIMO 10 PERSOAS) de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 baixo RESERVA PREVIA cubrindo un formulario de inscrición. O persoal de turismo contactará coas persoas admitidas para concretar a hora da visita.