8 de decembro de 2019
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Turismo ornitolóxico no Encoro da Fervenza

RESERVAS ESGOTADAS - ACTIVIDADE COMPLETA

Horario: 10:30 a 13:30h
Programa
Charla teórica (iniciación á ornitoloxía): 10:30 a 11:15.
Roteiro guiado (observación e identificación de aves pola contorna): 11:15 a 13:30.
Centro de Interpretación do Encoro da Fervenza. Orbellido (Baíñas) Coordenadas: 43°01'09.3"N 8°59'32.8"W

Recomendacións:
Leva roupa cómoda, calzado axeitado, auga e comida para a xornada (se a consideras necesaria). 
Os organizadores achegarán o material imprescindible para o correcto desenvolvemento da xornada. Así e todo, aconséllase levar caderno de campo para anotacións, prismáticos, telescopio e/ou cámara de fotos, de ter de seu.
Infórmate da previsión meteorolóxica e toma as precaucións necesarias.
Respecta a contorna natural e segue as instrucións dos monitores na actividade.