16 de xuño de 2019
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Actividades Semana Santa 2019

O concello vimiancés continúa ca súa aposta polo sector ofertando unha nova serie de visitas guiadas polos seus principais atractivos turísticos. Dende o luns 15, todas aquelas persoas que se acheguen ata a Terra de Soneira poderán disfrutar das seguintes visitas:

- No Castelo, máis alá das visitas libres que se poderán facer todos os días en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.30, haberá visitas guiadas o xoves, venres, sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas. Complementarán a ofertas as visitas teatralizadas o venres, sábado e domingo ás 13 e ás 17 horas.

- Nos Batáns do Mosquetín, as visitas libres poderanse desenvolver dende as 10.30 da mañá ata as 20 horas da tarde. A isto hai que engadir as visitas guiadas ás 11, 13, 16 e 18 horas do xoves, venres, sábado e domingo.

- O Castro das Barreiras, que se poderá visitar da man do arqueólogo Tito Concheiro, quen fará unha visita o sábado ás 18 horas.

- A ruta dos dolmens, que inclúe unha visita a Pedra Cuberta, a Pedra Moura e a Pedra da Serpe, será o xoves ás 16.30. Para esta actividade é necesaria a inscrición previa, chamando ao teléfono 981716354. O punto de saída será o propio castelo.

Con todas estas actividades o concello buscará seguir incrementando o número de visitantes que se achegan ata a vila, consolidándose un ano máis como referente do turismo cultural na comarca.

Descargas