25 de abril de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

#moitomáisquepedras - Penedos de Pasarela e Traba

Andaina dos Penedos de Pasarela e Traba

Descrición da Andaina

Data:
Sábado 20 de outubro
Saída en bus:
8h30 dende a Casa do Concello de Laxe
8h30 dende a Casa da Cultura de Vimianzo
Saída a pé: 09h desde a Escola de Pasarela
Remate: Traba (Bar Costa Brava)

Descrición:
Trátase dunha andaina curta en distancia, de 6 quilómetros aproximadamente, pero bastante densa
polo seu contido xa que teremos a oportunidade de visitar as pedras máis representativas
dos Penedos.
A saída terá lugar na escola de Pasarela e a primeira parada será na zona da Cachucha
(canteira), onde poderemos visitar o Cantor, a Multiforme, o Coello e o Paiaso Triste,…
Despois dirixirémonos cara a zona da Forcada para poder contemplar a Señora ou
Esfinxe, o Oso, a Tartaruga e o Can,...
A continuación visitaremos o Bico e a Torre da Moa, onde poderemos contemplar unha
fermosa vista do Espazo Natural de Traba.
Finalmente descenderemos a Traba.

>> LINK CO MAPA DA RUTA <<

Concurso fotográfico

Prazo aberto para participar no Concurso de Fotografía #moitomáisquepedras promovido conxuntamente polos concellos de Vimianzo e Laxe:

BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

ANEXO 1_FOLLA DE PARTICIPACION

Recital poético na Cachucha - PENDENTE DE CONFIRMAR UNHA NOVA DATA

Recital poético na Cachucha, con Manuel Rivas.
Saída ás 18h desde a Escola de Pasarela.
Irase camiñando até a Pedra da Barca e zona da Cachucha, onde será o acto. NON se permitirá o acceso en coche, só a pé. 
Non é necesaria inscrición previa. Chega con estar dez minutos antes da hora de saída para camiñar até alí. É importante traer polo tanto calzado axeitado para camiñar, roupa de abrigo e lanterna para volver á escola.