A Rapa das Bestas en Vimianzo conta con máis de dúas décadas de tradición e é mostra do pouso de centos de anos de coidado do gando no monte.
Os cabalos salvaxes son baixados do Monte Faro o sábado 22 de xullo sobre as 8h30, para logo baixaren ao Val ás 17h.
O domingo 23 terá lugar ás 17h a Rapa das Bestas no curro do Campo da Areosa. Será o momento no que aloitadores e aloitadoras, novos e maiores, vaian saltando ao curro para conseguir cortar o pelo dos cabalos salvaxes.
Programa completo:
Sábado 22 de xullo
08h30 Baixada das bestas bravas do monte Faro
13h Polbeira
17h Baixada das bestas bravas ao Val
18h Paseo a cabalo polo Val de Vimianzo
22h Gran festival amenizado por The Party Moment
Domingo 23 de xullo
12H Pasada das bestas ao Curro
13h Sesión vermú
14h Degustación de poldro e servizo de polbeira
17h Tradicional Rapa das Bestas
20h Sorteo dun becerro
Haberá acampada gratuíta con baños e Xogos infantís.