26 de abril de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Vimianzo Cultural

Vimianzo Cultural

En Vimianzo, cada semana propoñemos un evento diferente. Apostamos pola cultura e procuramos satisfacer a todos os públicos, idades e intereses. Somos referencia cultural na Costa da Morte, cunha trepidante programación escénica. Formamos parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Consulta a nosa programación.

Ademais, no municipio temos a sorte de contar con distintas asociacións e outras iniciativas privadas que enriquecen con variadas propostas a rutina soneirá. Se buscas información sobre esa actividade da que escoitaches falar ou queres confirmar que non faltará o lecer na data que tes prevista a túa visita, contacta con nós e procuraremos axudarche!

PROGRAMACIÓN cultural