18 de novembro de 2019
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Castelo Vivo - Visitas guiadas

Castelo Vivo

A vella fortaleza, testemuña de numerosos acontecementos históricos, preséntase na actualidade como un espazo vivo e dinámico aberto á sociedade como centro para o desfrute cultural, onde poderemos coñecer a súa historia a través de variadas propostas, participar de interesantes eventos culturais, encontros ou obradoiros. Alén diso, o Castelo acolle no seu interior, un centro de produción e venda de artesanía comarcal.

Visitas guiadas e teatralizadas

Visitas guiadas ao castelo

Para explorar todos os recantos e coñecer cada relato, o Concello de Vimianzo ofrece diferentes propostas e itinerarios ideados e adaptados para os distintos grupos e intereses, dende grupos escolares, asociacións ou visitantes particulares, todos seredes benvidos.

As visitas libres, guiadas e teatralizadas son gratuítas. 

ENTRADA LIBRE: 10:30-14:00 e 16:00-20:30.


VISITAS GUIADAS PARA GRUPOS - TODO O ANO

Os grupos interesados deberán reservar e consultar a dispoñibilidade para a visita no seguinte contacto.

 Información e reservas: 981 716 354.  turismo@vimianzo.gal

Grupos mínimos de 7 persoas. Actividade de balde


Audioguías

Castelo con auriculares: logo da app

O servizo de audioguías ofrece a posibilidade de percorrer o castelo atendendo a súa narración a través do noso teléfono móbil descargando a app do Castelo

APP APPLE

Tamén é posible consultalas online accedendo dende o noso teléfono móbil á dirección vimianzo.mobi, premendo en Buscar no mapa e escollendo a zona do castelo na que nos atopemos.

Mostra de artesanía ao vivo

Muller traballa no tear ante la atenta mirada de un niño

O espazo dedicado ao traballo e produción de manufacturas recupera e reivindica as técnicas e os oficios de tradición artesanal. Confeccións que forman parte do noso legado cultural e ao que poderemos asomarnos nesta mostra permanente de artesanía ao vivo.

Horario de apertura

Asalto ao Castelo

Un grupo de xente aproximase ao Castelo portando antorchas durante a festa do Asalto

O Asalto ao Castelo de Vimianzo é unha festa que se celebra o primeiro sábado de xullo desde hai 20 anos. Esta celebración é froito do traballo das asociacións da vila, Cherinkas e Axvalso. O Asalto recrea as Revoltas Irmandiñas que asolaron Galicia no século XV, trasladando estas revoltas ao presente ofrécese un amplo abano de personaxes e situacións que dalgunha maneira simbolizan as inxustizas do mundo moderno e amosan os problemas do mundo actual.

Sábado 4 de xullo de 2020
www.asaltoaocastelo.org

Contacto

Castelo de Vimianzo
Rúa da Torre s/n

turismo@vimianzo.gal

981 716 354