CEREIXO IGREXA

Translatio

Igrexa de Santiago de Cereixo

Translatio

O Códice Calixtino, do século XII, é un compendio medieval de cinco libros que recollen textos litúrxicos, tradicións xacobeas, milagres e memorias do Camiño de peregrinación. Inclúe tamén unha guía do Camiño Francés e a primeira múlsica polifónica de Europa. Iniciouse en tempos de Diego Xelmirez (1100-1140), primeiro arcebispo de santiago, e concluíuse na década de 1170-1180.

De xeito resumido, o Libro III conta o seguinte:

o Apóstolo Santiago estivera predicando polas terras de Gallaeciae (temos a lenda de que estivo en Muxía e se lle apareceu a Virxe no que hoxe é a Punta da Barca), cando volve a Palestina é apresado polos romanos que lle dan morte cortándolle a cabeza. os seus discípulos collen o corpo pola noite e méteno nunha barca preparada para eles coa que atravesan o Mediterráneo ata chegar ao porto de Iria Flavia. Aquí deixan o corpo sobre unha rocha e van falar cos señores destas terras para poder soterrar ao seu mestre. A señora daquelas terras resulta ser Lupa, quen, enganando aos discípulos dilles que vaian a ese monte, o monte Ilicino, onde poden dispor de terra para sepultar a Santiago e que tamén poden utilizar a dous bois mansos que ela ten alí pacendo. Os discípulos do Apóstolo, tras superar as argucias da señora Lupa, volven ao pazo cos bois. ante estes admirables miragres, a señora lupa cede ante as peticións dos discípulos do Apóstolo e decide entregarlle un lugar para o enterro. O caso é que o sitio onde a tradición sitúa o sepulcro de Santiago correspóndese cos restos dun antigo cemiterio romano cuxos vestixios podemos atopar hoxe baixo a Catedral de Santiago de Compostela.

O tímpano sur de Santiago de Cereixo representa esa viaxe. chama a atención que na Translatio de Cereixo o corpo do Apóstlo estea rodeado de sete discípulos, coñecidos como os sete varóns apostólicos (Torcuato, Indalecio, Segundo, Tesifonte, Eufrasio, Hesiquio/Exiquio e Cecilio). Neste caso, e segundo os investigadores, non estarían representados nin Teodoro nin Atanasio, que, segundo a carta do Papa San León (no Códice Calixtino), estarían sepultados xunto ao seu mestre.

Mais esta Translatio de Cereixo presenta outro aspecto que a fai única: a presenza de dúas figuras nas arquivoltas que pechan o timpano. Concretamente, unha figura relixiosa que porta mitra e báculo e sobre ela un anxo. O profesor Ramón Ferrín pon en consoancia estas figuras coa lenda do Apóstolo. Pero non o fai coa Translatio, senón co episodio coñecido como Inventio que está recolldio nunha miniatura medieval do Tumbo A da Catededral de Santiago. Este Tumbo A, datado no século XII, está formado por cinco libros onde se recolle diversa información da época e destacan as miniaturas de monarcas. Só unha desas miniaturas representa unha escea, a Inventio: unha persoaxe con báculo e atuendo episcopal sinala unha tumba baixo un arco, unha lápada alumea a escea, un anxo turiferario serve de guía ata o mausoleo onde tamén se atopan as tumbas dos discípulos do Apóstolo. Apare o nome en latín Teodomiro Episkop.

Polo tanto, o tímpano de Cereixo non só nos conta a Translatio, senón que tamén fai referencia a outro momento da lenda xacobea. Sen dúbida algunha, esta circunstancia aínda fai máis singular esta peza.

Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X