Patrimonio de Vimianzo
25 de abril de 2024
Patrimonio de Vimianzo
Compartir:

MUÍÑO DA AGRA

Enderezo:

Vimianzo - Vimianzo (A Coruña)

Muíño hidráulico que utiliza as augas do río que atravesa o núcleo urbano, que foi rehabilitado polo Concello de Vimianzo no ano 2014.
Non se coñece a data exacta da súa construción, pero xa aparece referenciado no Catastro do Marqués da Ensenada do ano 1752, como se pode ver nos escritos da época: "Otro de dos ruedas bajo un techo llamado de Agra, propio de don Juan de Castro el uno y el otro de don Jorge Caamaño, vecino de Santa Eulalia de ?, de los que muelen por cubo todo el año a la maquila con agua del río Cambeda, cuya utilidad regulan en quinientos veinte reales y a cado uno por su rueda doscientos y sesenta ….”. 

O edificio é de cachotería de granito e presenta cuberta a dúas augas, pero cun dos lados moi pouco pronunciado. Unha longa canle de pedra envía a auga cara o muíño para facer xirar os seus dous rodicios.

Na súa fachada presenta dous estreitos vans que dan luz ó interior e ás dúas aberturas por onde sae a auga. O muíño rehabilitado atópase no centro urbano e ao seu arredor creouse unha área de ocio para os veciños. 


MUÍÑO DA AGRA


Vimianzo - Vimianzo (A Coruña)

Praza do Concello, 6, Vimianzo (A Coruña) CP 15 129. Tfno: 981716001. Fax 981 716 650.

Concello de Vimianzo
Deputación provincial da Coruña