Carballo de Cereixo

Flora e fauna

FAUNA

Unha importante parte do litoral e augas da ría de Camariñas está incluído no LIC Costa da Morte. Trátase dunha categoría de especial protección do entorno como Lugar de Interese Comunitario. Unha zona que conta tamén con espazos ZEPA, Zonas de Especial Protección para as Aves, fi guras de conservación da biodiversidade que  integran a Rede Natura 2000. 
Unha rede para a que xa hai proposta unha importante ampliación precisamente na costa e beiras da parroquia de Cereixo. Entrarían dentro desta nova zonificación a Enseada da Basa, a Ría do Porto, e todo o curso do Río Grande ata Baio.

A ría do Porto de Cereixo é un espazo intermareal no que se mestura o mar e o río creando un ecosistema único. Cada seis horas a marea remonta o río e asolaga as beiras de auga salgada. En marea baixa resta só a auga doce fl uvial do río Grande. 
Neste particular hábitat aniñan aves como a garza real (Ardea cinerea), o corvo mariño (Phalacrocorax carbo), lavancos ou parrulos (Anas platyrhynchos), gaivotas claras (Larus argentatus), carráns ou gaivotíns (Sterna forsteri)...

FLORA

A vexetación característica destes espazos de marisma conta cunha grande variedade de plantas. Entre elas podemos destacar a Acelga salgada (Limonium occidentale), o xunco (Juncus), espadainas (Typha), e tamén cerudas (Chelidonium majus). Non faltan tampouco as especies do litoral costeiro propio da Costa da Morte como a escasa “camariña” (Corema album), a algodonosa (Othantus maritimus), o narciso mariño (Pancratium maritimun), a empreñadeira ou herba de namorar (Armeria maritima), o pirixel de mar (Crithmin maritimun), a soldanela (Calystegia soldanella), a verza mariña (Beta maritima), ou a figueira do diaño (Datura stramonium) entre moitas outras.



Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X