Concello de Vimianzo
25 de maio de 2019
O corazón da Terra de Soneira
Publicada o: 21-12-2018 Sector: Outros

BOLSA DE EMPREGO DE ALBANEIS E OPERARIOS/AS S.M.

Descrición da oferta

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ABRE AO DÍA SEGUINTE DA  PUBLICACIÓN DESTE ANUNCIO NO BOP

PUBLICACIÓN NO BOP 27/12/2018. PRAZO: DESDE 28/12/2018 ATA O 07/01/2019

As funcións e tarefas a realizar polosoficiais de segunda de albanel son as seguintes: Realización de traballos de albanelaría en bens e instalacións municipais. Realización de pequenas obras de reparación e mantemento relacionadas coa pavimentación de rúas e vías públicas, parques, accesos a núcleos de poboación, rede de sumidoiros, abastecemento domiciliario de auga potable, mobiliario urbano, sinais e alumeado público nas 14 parroquias do concello. Outras funcións relacionados co posto de traballo que sexan encomendadas polo seu superior.
As funcións e tarefas a realizar polos/asoperarios/as de servizos múltiplesson as seguintees: Limpeza de rúas e espazos públicosLimpeza de maleza en pistas, camiños e outros espazos de uso público. Desbroces mecanizados, empregando o tractor. Transporte de materiais. Apoio nas tarefas relacionadas coa celebración de eventos. Apoio a Protección Civil. Outras funcións relacionados co posto de traballo que sexan encomendadas polo seu superior. 

Requerimentos do posto

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ABRE AO DÍA SEGUINTE DA  PUBLICACIÓN DESTE ANUNCIO NO BOP

PUBLICACIÓN NO BOP 27/12/2018. PRAZO: DESDE 28/12/2018 ATA O 07/01/2019

Requisitos de carácter xeral

Para tomar parte nas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes: Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea. Posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que aspira. A condición de discapacitado/a e a súa compatibilidade acreditarase pola correspondente certificación. Os aspirantes con minusvalía farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas. Ter cumpridos os 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

Requisitos de carácter específico:




Estar en posesión de permiso de conducir B

Ofrécese

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ABRE AO DÍA SEGUINTE DA  PUBLICACIÓN DESTE ANUNCIO NO BOP

PUBLICACIÓN NO BOP 27/12/2018. PRAZO: DESDE 28/12/2018 ATA O 07/01/2019

Bolsa de emprego para a contratación de oficiais de segunda de albanel e de opearios/as de Servizos Múltiples para o Concello de Vimianzo. Funcionario/a interiono/a.
A bolsa de emprego, que quedará formada pola relación de aspirantes que superen este proceso selectivo, destinarase á contratación de persoal cando se produza algunha das seguintes circunstancias (artigo 10.1 do EBEP):  A existencia de prazas vacantes cando non fora posible a súa cobertura por funcionarios de carreira. A substitución transitoria dos titulares. A execución de programas ou proxectos de carácter temporal, que non poderán ter unha duración superior a tres anos. Exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de seis meses, dentro dun período de doce meses.
Esta bolsa de emprego terá unha validez de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
4
6
7
8
9
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X