Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira
Publicada o: 11-11-2020 Sector: Outros

OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMIÑO AO EMPREGO”

Descrición da oferta

Os concellos de Muxía, Vimianzo e Camariñas conseguiron un segundo obradoiro de emprego conxunto para darlle oportunidades laborais á súa veciñanza.


Neste caso, a entidade promotora e a sede será o Concello de Muxía, e desenvolverase en dúas especialidades, a destacar ‘Promoción turística local e información ao visitante’, e ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’.


Dará comezo no mes de decembro e terá unha duración de 9 meses. Participarán no mesmo 20 persoas.



A formación recibida vai dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade, neste caso trátase dun certificado de nivel 1 coa especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e un certificado de nivel 3 coa especialidade de promoción turística e información ao visitante.

O Concello de Muxía presenta a oferta de emprego para alumnado-traballador na oficina de emprego de Cee, que lle achegará unha listaxe cun máximo de 4 candidatos por posto.

Máis información na SEDE DE MUXÍA

Ofrécese

AS PERSOAS CANDIDATAS A ALUMNADO-TRABALLADOR DEBEN PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN NO REXISTRO DO CONCELLO DE MUXÍA ENTRE OS DÍAS 2 E 3 DE DECEMBRO DE 2020

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X