Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira
Publicada o: 12-08-2020 Sector: Outros

XUVENTUDE POLO EMPREGO: PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO

Descrición da oferta

DÍA DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: 26/08/2020
LUGAR DAS PROBAS: Casa da Cultura de Vimianzo (traer mascarilla, bolígrafo e DNI)


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
 ENTRE O 15 E O 19 DE AGOSTO DE 2020, AMBOS INCLUÍDOS.

Contratarase o seguinte persoal para o Programa de emprego:
- Un/unha director/ (xornada completa)
- Un/unha monitor/a para a especialidade Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web (xornada completa)
- Un/unha monitor/a para a especialidade Instalación de elementos de carpintería (xornada completa)
- Un/unha titor/a (xornada parcial 50%)

Requerimentos do posto

DÍA DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: 26/08/2020
LUGAR DAS PROBAS: Casa da Cultura de Vimianzo (traer mascarilla, bolígrafo e DNI)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
 ENTRE O 15 E O 19 DE AGOSTO DE 2020, AMBOS INCLUÍDOS.

Máis información nas bases. O programa de emprego “Xuventude polo emprego” é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mozas incluídas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, e promovido polos concellos de Vimianzo, Camariñas e Muxía.
Este programa está subvencionado ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de Programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (TR353B), publicada no DOG núm. 13, do 21/01/2020. Respéctanse o establecido na Resolución de concesión da subvención, de data do 20/07/2020 e con número de expediente 15/0044/2020, e a Circular número 53/2020, de data do 22/07/2020, sobre Instrucións en relación co procedemento de selección do persoal directivo, docente e de apoio así como do alumnado-traballador dos Programas de emprego para persoas mozas e obradoiros duais de emprego.





















As especialidades a impartir son as seguintes:
1) Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web (IFCD0210), nivel 3, con 8 alumnos/as.
2) Instalación de elementos de carpintería (MAMS0108), nivel 2, con 8 alumnos/as.
A distribución do alumnado por concellos é a seguinte:
Concello de Vimianzo: 6 alumnos/as
Concello de Camariñas: 5 alumnos/as
Concello de Muxía: 5 alumnos/as
As actuacións a realizar son as seguintes:
1) Desenvolvemento de aplicacións web para asociacións
2) Ferramenta para bolsa de emprego municipal
3) Ferramenta de xestión de arquivo audiovisual municipal
4) Ferramenta de xestión de axenda de eventos do territorio
5) Desenvolvemento de aplicacións para áreas de turismo dos concellos
6) Montaxe de casetas multifuncionais (VC)
7) Mantementos e mobiliario en Escola de Reboredo (V)
8) Mantementos e mobiliario en Escola de Señoráns e arredores (V)
9) Mantementos e mobiliario urbán (V)
10) Fachada da Biblioteca Municipal (C)
11) Mantementos e melloras de chans e paramentos de madeira das oficinas da Casa de Pedra (C)
12) Mantemento e mellora de elementos de madeira da área fluvial do Río Negro (M)
O programa terá unha duración de 12 meses e formará a 16 alumnos/as traballadores/as.

Ofrécese

DÍA DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: 26/08/2020
LUGAR DAS PROBAS: Casa da Cultura de Vimianzo (traer mascarilla, bolígrafo e DNI)


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
 ENTRE O 15 E O 19 DE AGOSTO DE 2020, AMBOS INCLUÍDOS.

TIPO DE CONTRATO: OBRA OU SERVIZO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA
DURACIÓN: 12 MESES
Máis información nas bases

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X