Descrición da oferta
O Albergue Monte Aro, situado no lugar de Lago en Mazaricos, precisa cociñeira/o.
Características do posto:
- Requírese: 6 meses de experiencia en posto similar ou formación relacionada.
- Funcións a realizar: elaboración dos pratos do menú do día, bocadillos e pratos á carta lavado do menaxe e limpeza da área de traballo, limpeza do restaurante, atención ao cliente (nalgunhas ocasións).
- Horario de traballo: rotativo (mañá ou tarde). O horario pode sufrir modificacións segundo as necesidades do traballo.
- Contrato: por obra ou servizo.
- Condicións salariais: segundo convenio.
As persoas interesadas poderán contactar con:
Correo: reservas@alberguemontearo.com
Teléfono: 682586157