Concello de Vimianzo
26 de agosto de 2019
O corazón da Terra de Soneira
Publicada o: 23-04-2019 Sector: Outros

2 OFICIAIS PARA TRABALLOS FORESTAIS (APROL RURAL)

Descrición da oferta

A través de APROL RURAL foméntase a contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes, a xestión da biomasa (código do procedemento TR351G), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Requerimentos do posto

Só poderán participar no proceso de selección as persoas que sexan remitidas pola Oficina de Emprego de Cee. Deberán traer á entrevista a documentación relativa á súa formación, experiencia laboral (con Informe de Vida Laboral) e circunstancias sociolaborais.

Data prevista para a realización da entrevista: 7 de maio de 2019


https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190103/AnuncioG0424-201218-0001_gl.html


Artigo 14. Requisitos e criterios para a selección dos traballadores e das traballadoras








1. Os traballadores e as traballadoras que se contraten para a realización das obras e servizos e polos/as cales se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social.








Será a entidade beneficiaria da subvención a responsable de comprobar que no momento do inicio da relación laboral a persoa seleccionada estea inscrita na oficina de emprego como demandante non ocupada dispoñible para o emprego.








2. Os traballadores e as traballadoras que sexan contratados por un período igual ou superior a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2018 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas non poderán ser contratados con cargo ás axudas previstas nesta orde.








3. As entidades beneficiarias da subvención solicitarán os traballadores e as traballadoras que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir os traballadores e as traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados, e debe presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación, que deberá responder á codificación prevista no Catálogo nacional de ocupacións (CNO), de conformidade cos seguintes principios xerais:








a) A oferta, na súa formulación, non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no número 5 ou se traten de favorecer os colectivos enumerados neste.








b) En ningún caso poderá incluírse nin admitirse como criterio de emparellamento a posesión de experiencia laboral.








c) Poderán admitirse como criterios de emparellamento os relativos á titulación, formación e outro tipo de coñecementos, sempre que estean xustificados no expediente de solicitude e sexan coherentes coa resolución de concesión.








d) As entidades locais deberán presentar as ofertas cunha antelación mínima de 15 días hábiles á data prevista para realizar as correspondentes contratacións na oficina pública de emprego que corresponda ao enderezo do centro de traballo do posto ofertado.

Ofrécese

Duración: 9 meses
Xornada: completa
Posto: Oficial
Número de postos: 2

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X