Concello de Vimianzo
10 de xullo de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

17-06-2020

Bono coidado extraordinario para familias con nenas/os de ata doce anos (XUNTA DE GALICIA)


Normativa

Orde do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 a través do programa Bono coidado extraordinarioBS900C (DOG nº 114-bis do 12/6/2020).

Obxecto

Concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, que teñan a súa residencia en Galicia para a conciliación da vida familiar e laboral durante o tempo de suspensión de actividade nas escolas infantís 0-3 e centros de ensino non universitario como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Coidado extraordinario os/as pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as de ata doce anos de idade residentes na CA de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

  1. Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de agosto de 2007.
  2. Ambos proxenitores, ou o único no caso de familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, traballando. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada proxenitor unha solicitude individual.
  3. Ter uns salarios netos da unidade familiar da última mensualidade respecto do momento de presentación da solicitude, detraendo o rateo da paga extraordinaria se a houber, ou os rendementos netos da unidade familiar no caso de persoas traballadoras autónomas, non superen os 2.500 € ou, de superalos, non sexan superiores aos 806 € per cápita.

2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Gastos subvencionables

Poderán ser obxecto destas axudas as seguintes actuacións dirixidas á atención de nenos e nenas menores de 12 anos e realizadas dentro do período subvencionable

  1. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
  2. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar destinada ao coidado dos nenos e nenas. Consideraranse tamén neste suposto as ampliacións de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade.
  3. Pase a situación de excedencia por coidado de fillos/as, ou redución da xornada de traballo pola mesma causa do/da pai/nai, titor/a, ou a/s persoa/s que teñan o neno ou nena en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva, sempre que supoña unha redución efectiva nas retribucións.

Consideraranse tamén as reducións da xornada de traballo preexistentes que se adaptasen ou modificasen con esta finalidade. Non serán obxecto de subvención os períodos durante os que se perciba a prestación por nacemento ou coidado de persoa menor no marco da normativa da Seguridade Social.

Tipo de axuda e contía

A axuda pode acadar ata o 100 % do custo da contratación ou do importe da redución das retribucións cun límite máximo global de 500 €/mes por unidade familiar beneficiaria.

O período subvencionable comprenderá desde o 16 de marzo ata que se levante a suspensión das actividades como medida preventiva de saúde pública nas escolas infantís 0-3 e nos centros de ensino non universitarios non podendo estenderse, en ningún caso, máis alá do exercicio orzamentario vixente.

Renda per cápita

Para os efectos de determinación da renda per cápita da unidade familiar seguiranse as seguintes regras:

a) Entenderase por unidade familiar a formada pola/s persoa/s proxenitora/s, ou a persoa proxenitora e o/a cónxuxe ou persoa con análoga relación de afectividade, e mais:

  1. As fillas e os fillos menores, agás que, con consentimento do/da pai/nai, vivan de xeito independente.
  2. As fillas e os fillos maiores de idade con incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  3. As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 %.
  4. As e os menores en situación de acollemento familiar.

b) Tomarase o importe neto dos salarios da unidade familiar na última mensualidade respecto do momento de presentación da solicitude, detraendo o rateo da paga extraordinaria se a houber. No suposto de persoas autónomas este cálculo realizarase a partir dos datos de rendemento neto que consten no modelo 130 ou 131 da declaración do IRPF do primeiro trimestre de 2020.

c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a dita unidade familiar.

Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando forme parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

Compatibilidade

A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, sen poder superar o custo do servizo recibido.

Documentación

Tramitar en liña  

  1. Anexo II, relativo á comprobación de datos dos membros da unidade familiar.
  2. Certificado de empadroamento das persoas menores que non dispoñan de  DNI.
  3. Certificado da empresa na que traballe cada proxenitor, acreditativo de que está efectivamente traballando, do seu horario de traballo e do período de desfrute das vacacións na anualidade 2020 ou declaración responsable destas circunstancias e documentos de alta censual (modelo 036) e de alta na Seguridade Social para o caso de traballadores/as autónomos/as.
  4. Copia das nóminas do último mes respecto da data de presentación da solicitude de todos os membros da unidade familiar que estean traballando por conta allea. No suposto de persoas traballadoras autónomas modelo 130 ou 131 da declaración do IRPF do primeiro trimestre de 2020
  5. Copia do/s libro/s de familia ou, no seu defecto, dun documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  6. No suposto de excedencia ou redución de xornada para o coidado de fillos e fillas:
    1. Certificado de empresa acreditativo dos termos exactos do exercicio do dereito á excedencia ou redución, onde conste a xornada laboral que realizaba ata o momento de acollerse a ela e a súa relación coa xornada a tempo completo segundo o convenio colectivo de aplicación, así como a súas data de inicio e fin.
    2. Documento da Seguridade Social que acredite a baixa por excedencia, ou a modificación de datos de cotización por redución de xornada, para o coidado de fillos e fillas e o tempo da anualidade 2020 durante o que se percibiu a prestación por nacemento e coidado, de ser o caso. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social, certificación oficial que corresponda.

      No suposto de persoas socias traballadoras ou socias de traballo das sociedades cooperativas que coticen no réxime especial de autónomos da Seguridade Social non se lles exixirá a baixa por excedencia. Nese caso, deberán presentar certificado da sociedade cooperativa acreditando a súa condición de persoas socias traballadoras ou socias de traballo das sociedades cooperativas, a situación de excedencia ou redución de xornada, tipo de contrato a tempo completo ou a tempo parcial, períodos de tempo en actuación subvencionable, tipo de cotización e se a mesma foi alterada na situación de excedencia ou redución de xornada.

      A documentación prevista nesta letra f) substituirase pola solicitude, selada pola empresa, do pase á situación de excedencia ou redución de xornada onde consten a data de inicio e fin e os termos exactos do seu exercicio, nos casos de estar pendente a resolución da empresa na data da solicitude da axuda.
  7. Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou a garda con fins adoptivos, de ser o caso, cando se trate de adopcións formalizadas por outra Comunidade autónoma.
  8. Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a situación de tutela, de ser o caso, só cando se trate de tutelas formalizadas por outra Comunidade autónoma.
  9. Copia da resolución administrativa de acollemento familiar, de ser o caso, cando se trate de acollementos formalizados por outra Comunidade autónoma.
  10. Documentación acreditativa da monoparentalidade, cando fora expedida por outra Comunidade autónoma.
  11. Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, nos casos de familias con custodia compartida ou formadas por unha soa persoa proxenitora como consecuencia de separación legal, divorcio ou outras situacións análogas.

Lugar de presentación de solicitudes

Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Prazo

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 13 de xullo de 2020.

Xustificación e pagamento

As persoas beneficiarias deberán xustificar as actuacións realizadas no prazo dun mes a partir do día en que se levante a suspensión da actividade, e en todo caso antes do 31 de decembro de 2020 mediante a presentación da solicitude de pagamento (anexo III) acompañada da seguinte documentación:

a) No caso de contratación de servizos de atención a domicilio:

1º. Facturas (ou documentos de valor probatorio equivalente) dos gastos realizados onde conste expresamente a identificación (nome e DNI/NIE) da persoa beneficiaria da axuda e do/s neno/s ou nena/s que recibe/n o servizo e o día e hora/s nos que se prestou e o nome e NIF da persoa ou empresa que emite a factura e prestou o servizo.

As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

2º. Xustificantes bancarios que acrediten o pagamento da factura.

b) No caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou ampliación das horas de prestación do servizo:

1º. Contrato de traballo onde conste expresamente o período de contratación, o seu obxecto e o intervalo horario no que se presta o servizo.

2º. Xustificantes bancarios do pagamento do salario e das cotas da Seguridade Social.

c) No caso de excedencia ou redución da xornada de traballo:

1º. Nóminas do período subvencionado.

2º. Documentación á que se refire o artigo 8.2.f) sempre que a situación que dá dereito á axuda fose posterior á data de presentación da solicitude.

2. A documentación recollida no número anterior deberá ser remitida á xefatura territorial correspondente.

Cita previa
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X