Concello de Vimianzo
25 de xaneiro de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

03-01-2020

(Xunta de Galicia - DOGA nº 1 do 01/01/2020)

Indemnización económica a fillas/os menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, e a mulleres que resultasen gravemente feridas 2020

Normativa

Resolución do 21 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020. (DOG nº 52 do 2/1/2020) SI460A

Obxecto

Dar cumprimento a varias das medidas do pacto de Estado en materia de violencia de xénero, e proporcionar apoio económico ás persoas citadas no seguinte apartado, cunha indemnización de axuda directa, co obxecto de garantir que o feito causante (morte da nai ou lesións graves, por mor de violencia de xénero) supoña un menor prexuízo económico para os fillos e fillas orfos, e para as propias vítimas gravemente feridas.

Tipos de axudas

  1. Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero e que dependan economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor.
  2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requirisen hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

Requisitos das persoas beneficiarias

1. Cada un dos fillos e fillas da vítima mortal da violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, sempre que na data do falecemento da súa nai cumprisen algún dos seguintes requisitos:

  • Ser menores de idade e convivir coa nai, independentemente da renda familiar.
  • Ser maiores de idade ata 30 anos inclusive, e depender economicamente da nai e/ou do pai agresor. Entenderase así cando na data do falecemento as persoas beneficiarias convivisen coa nai e non percibisen rendas, de calquera natureza, que en cómputo anual, superasen 12 mensualidades do IPREM vixente.

2. As mulleres feridas gravemente, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión de violencia de xénero, sempre que na data en que se producisen os feitos se cumprisen os seguintes requisitos:

  1. Ser muller, maior de idade ou emancipada.
  2. Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos de de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
  3. Atoparse nunha situación de precariedade económica. Entenderase así cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a beneficiaria divididos polo número de membros que a compoñen non superen o importe do IPREM vixente.
  4. Resultar gravemente ferida, con lesións que requiran hospitalización por causa de violencia de xénero.

Contía das axudas

Sete mil euros (7.000 €) por cada persoa beneficiaria,  que se aboarán nun pagamento único.

Cando as persoas beneficiarias de indemnización fosen menores de idade, esta aboarase ás persoas que asuman a súa patria potestade, garda, custodia ou acollemento permanente.

O pagamento destas axudas farase unicamente na conta que as persoas solicitantes fagan constar na solicitude, que debe permanecer activa para estes efectos mentres non se teña constancia da finalización do expediente.

Solicitudes e documentación

Solicitude, xunto coa seguinte documentación:

Para a indemnización a fillos e fillas da vítima:

  1. Copia do libro de familia, certificación expedida polo Rexistro Civil ou calquera outro documento que acredite fidedignamente a relación de filiación.
  2. No caso de menores de idade, resolución xudicial de custodia, informe dos servizos sociais, certificado de empadroamento colectivo onde consten todos os membros da unidade familiar ou calquera outra documentación que acredite a asunción da patria potestade, garda, custodia ou acollemento permanente por parte da persoa a quen se lle aboará a indemnización.

Para a indemnización a mulleres que resultasen gravemente feridas:

  1. Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  2. Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, da solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia, de ser o caso (nómina, recibo).
  3. Documentación acreditativa da composición da unidade familiar de convivencia, de ser o caso.
  4. Certificado dos servizos sanitarios que acrediten a hospitalización.
  5. Modelo de anexo II debidamente cuberto.

Prazo de solicitude

Ata o 30 de novembro de 2020.

Lugar de presentación

Peferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
3
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X