Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

08-08-2019

MADRUGADORES 2019-2020

Dende a área de Benestar Social do Concello, estamos traballando na organización e posta en marcha do Servizo de Madrugadores no Colexio San Vicenzo de Vimianzo.

Trátase dun servizo de conciliación especialmente demandado polas familias para poder así compatibilizar os seus horarios laborais co horario escolar dos seus fillos e fillas.

A posta en marcha deste servizo, posibilitará a paulatina incorporación das crianzas no centro escolar dende as 07:30 h ata as 9:30 h, flexibilizándose deste xeito as circunstancias laborais das familias. Durante este tempo, os nenos e nenas que fagan uso do mesmo, terán a posibilidade de recibir un almorzo equilibrado, ademais de realizaren todo un conxunto de actividades lúdicas e educativas.

No obstante, co fin de optimizar e axilizar a organización e posta en marcha do mesmo, precisamos ter coñecemento do número de familias interesadas. Para tal fin, aquelas familias que, por motivos de conciliación, esteades interesadas en solicitar dito servizo, tedes que entregar, debidamente cuberto, o impreso de pre-solicitude e entregalo na Área de Benestar Social, antes do vindeiro 19 de agosto.

Podedes obter máis información sobre as condicións do servizo na mesma Área de Benestar Social do concello ou no número 981 707 426 no horario de oficina.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X