Concello de Vimianzo
24 de marzo de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

07-01-2019

Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta

Normativa

Obxecto e beneficiarias

As subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:

  1. Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
  2. As das vítimas de violencia de xénero* que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
  3. Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
  4. Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugamento social.
  5. Aquelas que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
  6. Aquelas que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
  7. Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social.

*Consideraranse vítimas de violencia de xénero as mulleres, os seus fillos e fillas menores orfos, vítimas tamén desta violencia, así como as mulleres e nenas vítimas de trata con fins de explotación sexual. Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa.

Non poderán ser beneficiarias deste programa:

  • Aquelas persoas que tivesen concedida esta axuda nos tres anos anteriores á data de presentación dunha nova solicitude.
  • Aquelas outras que esgotasen o período máximo de tres anos de desfrute desta axuda.

Requisitos xerais das persoas beneficiarias

  1. Estar empadroadas e ter residencia efectiva nun concello de Galicia durante os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda. Ademais, no caso das persoas estranxeiras, cando así o exixa a lexislación vixente, deberán posuír o permiso de residencia. No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que están empadroadas nun concello de Galicia e que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
  2. Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello de Galicia cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos. No caso dos/das menores orfos por violencia de xénero ou vítimas de trata, o contrato de arrendamento poderá ser asinado pola persoa que posúa a patria potestade, tutela ou acollemento familiar permanente do/da menor.
  3. Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia a constituír o seu domicilio habitual e permanente.
  4. Que a renda do contrato de arrendamento que se subvenciona non supere os importes sinalados no artigo 5.
  5. Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o artigo 4, sexan inferiores a 1,5 veces o IPREM
  6. Que nin a persoa arrendataria nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora, nin vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata segundo grado, coa persoa arrendadora. Esta mesma exixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.
  7. Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptuase o caso de que, dispoñendo dela, non goce do seu uso e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.(*)
  8. Que non poden ser arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
  9. Que os membros da unidade de convivencia estean ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, nin estean incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

(*) Para estes efectos a vivenda considérase:

  • Insuficiente: aquela en que a cada ocupante lle correspondan menos de 10 m2 de superficie útil. Non se computará, neste suposto, a superficie correspondente a baños, corredores e tendais.
  • Inadecuada por razóns de habitabilidade: aquela que se atope en situación legal de ruína, ou que teña deficiencias que afecten de forma notoria a súa habitabilidade.
  • Inadecuada por razóns de mobilidade: aquela que pola súa configuración arquitectónica e/ou accesos implique unha grave perda de funcionalidade para unha persoa con mobilidade reducida.

Requisitos específicos

Ademáis dos requisitos xerais, deberanse cumprir os requisitos específicos que se sinalan en cada caso:

1. Persoas afectadas pola interposición dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial de terminación dun procedemento da mesma natureza:

  1. Que entre a comunicación da interposición da demanda e a presentación da solicitude da axuda non transcorresen máis de 6 meses.
  2. Que o contrato de arrendamento que motivou o procedemento de desafiuzamento tivese unha duración superior aos 12 meses.

2. Mulleres pertencentes ao colectivo de vítimas de violencia de xénero:

  1. Acreditar a situación de violencia de xénero con algún dos documentos establecidos na convocatoria.
  2. Que a situación de violencia de xénero se producira nunha relación de convivencia.
  3. Que teñan cesado dita convivencia nos doce meses inmediatamente anteriores á presentación da solicitude.
  4. Que leven residindo polo menos dous meses antes da presentación da solicitude, nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero e adscritos a unha Administración pública.
  5. Que o documento acreditativo da situación de violencia fose emitido dentro dos doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude
  6. Que a orde de protección ou a medida cautelar estean vixentes na data de presentación da solicitude e se manteña á data da resolución desta axuda.

3. Unidades de convivencia, privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc:

  1. Que a circunstancia imprevisible e sobrevida acaecese dentro dos 6 meses anteriores á presentación da solicitude.

4. Unidades de convivencia que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período de desfrute desta axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude do Bono Alugueiro Social:

  1. Que non se lles interpuxese unha demanda por danos causados na vivenda alugada a través do citado programa.
  2. Que non teñan débedas derivadas de subministracións da vivenda alugada no marco do Programa Aluga por un período superior aos dous meses.

5. Unidades de convivencia que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato:

  1. Que entre a finalización do contrato de arrendamento e a presentación da solicitude de axuda non transcorresen máis de 3 meses.

6. Unidades de convivencia en que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa:

  1. que a circunstancia excepcional que motiva a proposta de adxudicación da dita comisión resulte acreditada en virtude do informe dos servizos sociais do respectivo concello.

Cómputo de ingresos para acceder ao programa

Para acceder a este programa de axudas é preciso que os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non excedan límites previstos.

Para estes efectos, considerase unidade de convivencia o conxunto de persoas que habitan nunha mesma vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do  IRPF.

Os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante determinaranse calculando o rateo mensual dos ingresos netos correspondentes a cada unha das persoas membros da dita unidade de convivencia durante os tres meses anteriores ao da presentación da solicitude, incluíndo no seu caso o rateo correspondente ás pagas extraordinarias.

A contía resultante non poderá superar o límite máximo de ingresos que se indique na correspondente convocatoria.

Ex. convocatoria 2018:

Nº membros unidade familiar

1,5 veces IPREM Mensual

1751,96
21.044,39
31.174,94
4

1.342,78

5 ou máis1.566,58

Renda das vivendas

A renda mensual máxima non pode superar os seguintes importes:

  1. 450 euros, para as vivendas situadas nos seguintes concellos: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
  2. 400 euros, para as vivendas situadas nos seguintes concellos:

– Provincia da Coruña: Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo.

– Provincia de Lugo: Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro,

– Provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.

– Provincia de Pontevedra: A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

  1. 350 €, para as vivendas situadas no resto de concellos.

Estas contías poderán ser incrementadas ata un 20 % no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia que necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.

Contía de cada bono alugueiro:

  • 225 euros mensuais para os contratos relativos a vivendas situadas nos concellos enumerados na letra a. do apartado anterior.
  • 200 euros mensuais para os contratos relativos a vivendas situadas nos concellos enumerados na letra b.
  • 170 euros mensuais para os contratos relativos a vivendas situadas nos concellos enumerados na letra c.

No suposto de que a persoa beneficiaria non dispoña de contrato de alugamento no momento da concesión recoñeceráselle inicialmente unha axuda por importe de ata un máximo de 225 euros mensuais, condicionada á achega do correspondente contrato. A contía definitiva da concesión virá determinada en función do concello no cal estea situada a vivenda.

O importe mensual da axuda non poderá ser superior á renda da vivenda.

A axuda ten carácter anual, de xeito que cada unidade de convivencia só poderá percibir unha subvención de doce bonos mensuais consecutivos, que será susceptible de dúas prórrogas ordinarias sucesivas, de doce meses cada unha, ata acadar unha duración máxima de tres anos. Finalizado este período, se así se prevé na correspondente convocatoria, poderase solicitar unha prórroga extraordinaria (PE), cunha duración máxima de tres anos, que deberá ser renovada anualmente, cos seguintes límites:

  • 1º ano de PE: 75 % do importe da renda máxima correspondente á zona territorial do seu contrato, sen que poida exceder da que viña percibindo.
  • 2º ano de PE: 50 % do importe da renda máxima correspondente á zona territorial do seu contrato, sen que poida exceder da que viña percibindo.
  • 3º ano de PE: 50 % do importe da renda máxima correspondente á zona territorial do seu contrato, sen que poida exceder da que viña percibindo.

Ademais, poderáselle conceder á persoa beneficiaria unha axuda complementaria, ben para o suposto da inmediata formalización dun contrato de alugamento, para os efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións, ben para o caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento, para os efectos de atender cantidades pendentes derivadas do contrato de arrendamento que motivou o devandito procedemento. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.

Documentación

Solicitude   |   Presentación electrónica na sede

Coa solicitude achegarase a documentación complementaria que se especifique na correspondente resolución de convocatoria

Documentación complementaria convocatoria 2018:

  1. Documento acreditativo da representación da persoa que actúe como representante, de ser o caso.
  2. Comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia distintos da persoa solicitante (Anexo II). No caso de que unha unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar, deberase cubrir un anexo II por cada unha delas.
  3. Compromiso de someterse ás condicións do programa do bono de alugueiro social e número de conta bancaria no que será ingresada a subvención (Anexo III)
  4. Modelo de informe de servizos sociais para o programa bono aluguerio social (Anexo IV)
  5. Contrato de arrendamento de vivenda e presentación do xustificante do depósito da fianza no IGVS ou indicación do código de procedemento, número de expediente e ano de presentación do depósito da fianza. No caso de descoñecer se foi presentada a fianza, indicarase esta circunstancia na solicitude.
  6. No caso de nai xestante, certificado médico ou documentación que acredite o citado estado.
  7. De ser o caso, certificado acreditativo da situación de adopción en trámite.
  8. Certificado de discapacidade da persoa solicitante e dos demais membros da unidade de convivencia, de non ser expedido pola Xunta de Galicia.
  9. Para o caso de persoas afectadas por un procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas,copia da demanda interposta.
  10. Para o caso de mulleres vítimas de violencia de xénero, deberán acreditar esta condición mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: Certificación, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/o xudicial da orde de protección ou da medida cautelar; sentenza que declare que a muller sufriu violencia de xénero; informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente no que conste a existencia de ditos indicios; informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local nos que se recolla a dita condición e a data na que se produciu o cesamento da convivencia; informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local no que se recolla a dita condición e a data na que se produciu o cesamento da convivencia.
  11. Para o caso das persoas privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, deberán aportar os seguintes documentos: Título que acredite a súa condición de persoa propietaria ou usufrutuaria da vivenda afectada polos danos, Memoria que acredite a inhabitabilidade da vivenda polos danos sufridos, Reportaxe fotográfica onde se reflictan os danos sufridos pola vivenda.

O informe de servizos sociais  do concello, recolle os seguintes extremos:

  1. A composición da unidade de convivencia.
  2. Os ingresos de cada un dos membros da unidade de convivencia, conforme o sinalado no artigo 4, e a situación económica na que se indique a dificultade do pagamento da renda da vivenda que se vaia subvencionar.
  3. O seu grao de integración social. En concreto, debe informarse se os membros da unidade de convivencia incumpriron reiteradamente as normas da comunidade de veciños/as. Para estes efectos, poderán ser excluídas destas axudas aquelas persoas que, en virtude do informe emitido polos servizos sociais, conste que incumpriron reiteradamente as devanditas normas.
  4. Memoria de actuación para o apoio á unidade de convivencia na que se indiquen os recursos postos á súa disposición, orientados á recuperación da economía familiar.
  5. A necesidade, de ser o caso, da participación nun proxecto individualizado no que se defina o itinerario, os recursos e o conxunto de obrigas e compromisos da persoa beneficiaria e da súa unidade de convivencia, orientado á recuperación da economía familiar.
  6. As distintas axudas, cos seus importes, que para a mesma finalidade, poida recibir a unidade de convivencia.
  7. Unha proposta da duración temporal desta axuda, en atención as circunstancias concorrentes na correspondente unidade de convivencia.
  • Ademais, para o caso de persoas afectadas por un procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas:
  1. O número do procedemento xudicial de desafiuzamento por non pagamento de rendas do que sexa ou fora parte a persoa solicitante, con indicación da data da interposición da demanda ou, de ser o caso, da resolución xudicial da terminación do procedemento.
  2. A duración do contrato de alugueiro que motivou o procedemento de desafiuzamento.
  • Ademais, para o caso de que a acreditación da condición de vítima de violencia de xénero se fixera mediante a presentación de certificación da orde de protección ou medida cautelar, sentenza ou informe do Ministerio Fiscal , o informe social deberá acreditar que a situación de violencia sucedeu no ámbito dunha relación de convivencia.
  • No caso de unidades familiares privadas da súa vivenda habitual, por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, o informe social sinalará a posible situación de desamparo da unidade de convivencia.

A documentación xustificativa do pagamento da parte da renda que lle corresponde satisfacer á persoa arrendataria, deberase presentar na Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda dentro dos 10 primeiros días naturais de cada mes. A tales efectos, só será válida a xustificación realizada mediante a achega do extracto ou certificado bancario que acredite o pagamento no número de conta sinalado pola persoa arrendadora no anexo III

Lugar de presentación

Prazo de presentación

Será o establecido na correspondente convocatoria, e rematará, en todo caso, co esgotamento da dotación orzamentaria da convocatoria, que se fará constar no DOG.

Prórroga da subvención

Todas as persoas que resultasen beneficiarias deste programa e que non perdesen o dereito mediante resolución poderán solicitar a prórroga da axuda do bono de alugueiro social dentro dos dous meses anteriores á data de remate da concesión inicial ou, de ser o caso, da primeira prórroga.

Documentación:

Solicitude de prórroga (anexo V) VI482B | Presentación electrónica na sede

  1. Declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia da persoa solicitante e de autorización para solicitar por vía telemática os datos que se especifiquen nela. No caso de que unha unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar, deberá cubrir un modelo de anexo por cada unha delas.
  2. Declaración da persoa arrendadora da vivenda de que a persoa arrendataria non ten ningunha reclamación pendente por non pagamento das rendas e/ou das subministracións.
  3. Informe dos servizos sociais municipais en que se faga constar que subsisten as condicións de necesidade que deron lugar á concesión inicial, así como os ingresos da unidade de convivencia dos tres meses anteriores á data de solicitude de prórroga.
  4. Declaración formalizada polas/os asinantes do contrato de arrendamento de que este se prorrogará nas mesmas condicións que o anterior.

A axuda que se percibirá durante os dous primeiros anos de prórroga ordinaria será a mesma que se viña percibindo, sen prexuízo do seu reaxuste para o caso de cambio de domicilio. No caso de que na convocatoria se prevexa a prórroga extraordinaria de tres anos, as contías serán as previstas no artigo 6.2. As persoas beneficiarias das prórrogas non terán dereito á concesión da axuda complementaria.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
3
4
5
6
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X