O Grupo de Acción Costeira (GALP) convoca axudas para proxectos con investimentos produtivos ou non produtivos.
Proxectos:
Defínense como investimento produtivo: as actividades que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñan a creación e/ou mantemento de emprego.
Naqueles supostos de proxectos para investimentos produtivos que se amparen no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis (DO L 352, do 24 de decembro), exixirase a creación, como mínimo, dun posto de traballo a tempo completo (1 UTA).
Defínense como investimento non produtivo: as actividades que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e/ou non estean afectas a unha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, incluso constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate.
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies |
ACEPTARX