Concello de Vimianzo
17 de xullo de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Subvencións

13-05-2019

Axudas para implementar a Q de Calidade Turística

Publicadas as bases reguladoras para a solicitude das axudas para implementar a Q de Calidade Turística.

DOG publica hoxe as bases para optar ás subvencións que destinan a pequenas e medianas empresas (turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas turísticas) para obter a marca Q de Calidade Turística.

As axudas teñen por obxecto subvencionar os gastos de auditoría externa da certificación, seguimento e renovación do sistema (excluídos os gastos de implantación) e dereitos de uso da marca Q.

A axuda máxima calcúlase con base á puntuación que acaden os proxectos presentados. O límite máximo é de 2.000 euros para os procesos de 1º certificación e renovación e de 1.000 euros para os procesos de seguimento.

Toda a información pinchando neste enlace.

Para máis información, contactar ca Axencia de Turismo de Galicia nos teléfonos 981 546 363 e 981 547 404 ou en fomento.turismo@xunta.gal.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X