06-10-2021
Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG do día 15 de xuño de 2021) a ORDEN de 4 de xuño de 2021 pola que se regula, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).
A convocatoria establece o procedemento para validar a experiencia profesional e/ou aprendizaxes non formais.
A solicitude débese xerar dende a aplicación informática de xestión do procedemento, no enlace
http://www.edu.xunta.gal/acreditacion despois de rexistrar os datos solicitados. Logo de xerala, debe presentala mediante a Sede Electrónica da Xunta de Galicia. A propia aplicación permite a conexión coa sede electrónica para a súa presentación.
De necesitar máis información, orientación ou axuda para presentar unha solicitude pode dirixirse a calquera centro educativo público que imparta formación profesional e solicitar unha reunión co Departamento de orientación (en Vimianzo, o tel. do IES TERRA DE SONEIRA é 881 86 65 19).
Recorde os documentos que deberá presentar xunto coa solicitude: Informe de vida laboral actualizado, contratos de traballo e/ou certificados de empresa, Certificados da formación alegada e Currículo Vitae Europeo (CVE).
O prazo de presentación de solicitudes está aberto de forma permanente.