Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

16-08-2021

Cursos linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios Celga

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocou no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 13 de agosto de 2021, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) en varias escolas oficiais de idiomas da Galicia. 

Os cursos terán carácter gratuíto. Impartirante entre outubro de 2021 e maio de 2022  (consultar lugares de impartición e datas na convocatoria do DOG no enlace que se sinala máis abaixo)  

Persoas beneficiarias:   

-  Cursos de linguaxe administrativa galega.

  • Persoal das diferentes administracións públicas de Galicia excepto persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o persoal sanitario.
  • Persoas maiores de 16 anos que non sexan empregadas públicas e posúan os certificados ou acreditacións necesarias para acceder a cada un dos cursos. Neste suposto só se poderá optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas por empregados/as públicos/as.

-  Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga).

  • Persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega. 
  • As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

 

Prazo de presentación de solicitudes:  

  • Cursos do primeiro cuadrimestre: 01– 10 setembro 2021
  • Cursos do segundo cuadrimestre: 04 – 14 xaneiro 2022. 

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG

ENLACE PARA DESCARGAR O FORMULARIO

 

MÁIS INFORMACIÓN:  

EOI A Coruña                                             981279100

EOI Ferrol                                                    981324025

EOI Santiago de Compostela                   881867601

EOI Lugo                                                      982284893

EOI Ourense                                               988366073

EOI Pontevedra                                          886159116

EOI Vigo                                                       986260210  

 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

Tel.:  981737004 / 653260746

margarita.seijas@camarinas.net

LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X