Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

10-02-2020

Probas de acceso ao GRAO MEDIO E SUPERIOR e para OBTENCIÓN ESO E BACHARELATO

Proba de acceso GRAO MEDIO E SUPERIOR

Probas de acceso a ciclos formativos de grao MEDIO:

  • Requisitos: Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2020 
  • Prazo de inscrición: Do 2 ao 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao SUPERIOR:

  • Requisitos: Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao superior e teñan 19 anos ou os fagan durante o ano 2020
  • Prazo de inscrición: Do 10 ao 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos. 

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG

Proba obter título de ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

Requisitos das persoas aspirantes: 

  • Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
  • Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  • Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2019/20 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
  • O alumnado matriculado durante o curso 2019/20 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
  1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
  2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.


Prazos de matrícula:

  • Convocatoria de maio: do 16 ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos
  • Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG

Proba obter título de BACHARELATO

Requisitos das persoas aspirantes:

  • Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2020
  • Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
  • Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2019/20
Prazo de presentación de solicitudes: do 27 de febreiro ao 12 de marzo de 20

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG

MÁIS INFORMACIÓN

CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA    
981737004 / 653260746   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X