Concello de Vimianzo
22 de agosto de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

20-05-2019

Datas das probas para a obtención dos certificados de lingua Galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2019

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de maio as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1,2,3 e 4, no ano 2019. 

Datas de realización das probas: 

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 

  • 1 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C e D. 
  • 2 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P. 

– Celga 3, en Santiago de Compostela: 

  • 8 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B e C. 
  • 9 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P. 

– Celga 3, en Ponferrada: 

  • 8 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas. 

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 

  • 15 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas. 

– Celga 1, en Santiago de Compostela: 

  • 16 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas. 

No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio para que poidan levar a cabo as probas, a data de realización seralles comunicada directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As sedes e horarios de realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.lingua.gal

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190515/AnuncioG0535-080519-0001_gl.pdf

MÁIS INFORMACIÓN:

www.lingua.gal

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X