Concello de Vimianzo
24 de marzo de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

22-02-2019

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura e Turismo vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 19 de febreiro de 2019, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.

Hai dúas modalidades:

  • Cursos presenciais: Celga 2, Celga 3 e Celga 4

  • Cursos en teleformación: Celga 1, Celga 3 e Celga 4. (Consultar no DOG os requisitos técnicos de equipamento informático)

Para solicitar os cursos Celga 3 ou Celga 4 de teleformación será requisito indispensable o seguinte:

  • Se se solicita un curso destinado á poboación que reside en Galicia, a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos da provincia galega correspondente.

  • Se se solicita un curso destinado á poboación que reside no Bierzo (León) e Sanabria (Zamora), a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos que conforman a comarca do Bierzo ou que están adscritos ao IES Valverde de Lucerna, de Puebla de Sanabria.

  • Se se solicita un curso destinado ao resto da poboación, a persoa deberá estar empadroada fóra de Galicia.

Prazo: 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Para ver datas, lugares e horarios dos cursos presenciais consultar anexo II da resolución do DOG no enlace que se sinala máis abaixo.  

Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga). 


ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioG0535-060219-0001_gl.pdf

MÁIS INFORMACIÓN:

http://www.lingua.gal

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746

margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 15:00     

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
3
4
5
6
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X