Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

23-01-2019

Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX) con curso

Publicada a convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios / as: Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Número de prazas: 180

Duración: 12 semanas (190 horas lectivas)

Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT

Datas de realización: do 18 de febreiro ao 24 de maio de 2019

Inscrición: na páxina web de CeMIT https://cemit.xunta.gal Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario / a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico

Prazo: 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación da resolución no DOG.

Taxa: As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco días hábiles dende a publicación das correspondentes listaxes unha taxa de 10,20 euros correspondentes ós dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas que non aboen a citada taxa. Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas con dereito a matriculación incluídas dentro dos supostos recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003, de taxes, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia

Resolución do DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190122/AnuncioG0177-140119-0001_gl.pdf

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X