Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-05-2012 A regueifa abre o programa das letras do concello de Vimianzo

A semana das letras comezou na Casa da Cultura a ritmo de regueifa con Pinto d´Herbón e Luis o Caruncho. A regueifa comezou na tarde do domingo nun acto aberto para todos os públicos e continuou o luns cun obradoiro para os rapaces e rapazas

máis información
26-04-2012 O concello de Vimianzo organiza catro rutas de sendeirismo en colaboración cos concellos de Camariñas e Ponteceso

Manuel Antelo presentou onte catro rutas de sendeirismo acompañado polo alcalde de Camariñas, Manuel V. Alonso de León, do técnico de turismo do concello de Ponteceso, Javier Couto, e do técnico de deportes do concello de Vimianzo, Víctor Santos.

máis información
16-04-2012 Unha ofrenda floral e unha charla coloquio para homenaxear aos que loitaron pola liberdade

Ante a placa en recoñecemento dos que perderon a súa vida loitando pola liberdade o alcalde lembrou o pasado sábado a todas as persoa que sufriron a represión dos primeiros anos do franquismo cunha ofrenda floral e unha charla coloquio

máis información
03-04-2012 As nenas e nenos de Vimianzo divírtense nos obradoiros da Casa da Cultura

Os nenos e nenas de Vimianzo divírtense na Casa da Cultura participando nos obradoiros de Pascua, animación e cine durante estes tres días de vacacións escolares.

máis información
21-03-2012 Máis de 450 escolares participaron no programa didáctico da exposición de Xurxo Martiño

Un total de 467 escolares participaron desde o pasado día 12 de marzo na programación didáctica da exposición de pintura de Xurxo Martiño que remataba na mañá de hoxe cos alumnos do IES Terra de Soneira.

máis información
12-03-2012 Programación infantil os sábados na biblioteca

O sábado presentouse a programación de animación á lectura para as crianzas do concello. Un programa de actividades que se desenvolverá dous sábados ao mes durante todo o ano.

máis información
12-03-2012 Encarna Otero, Viki Rivadulla e Nieves Lema fixeron unha interesante análise da muller na Costa da Morte

O pasado sábado puidemos asistir na Casa da Cultura a un interesante coloquio sobre o papel da muller na nosa sociedade. Unha mesa redonda na que Encarna Otero, Viki Rivadulla e Nieves Lema, moderadas por Rosa Sánchez, nos levaron á reflexión

máis información
Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X