Do 17-02-2021 ao 12-06-2021
Na última semana do curso académico os escolares dos colexios do concello Vimianzo reuníronse na Casa da Cultura para despediren o curso co espectáculo Maxia Branca de Barafunda Animación.
máis informaciónUn bo número de nenos e nenas participaron o sábado no programa de animación á lectura da biblioteca no mes dedicado á cociña entre libros.
máis informaciónOs alumnos e alumnas de 3º e 4º curso do Ceip San Vicenzo de Vimianzo achegábanse onte á Casa do concello dispostos a coñecer os diferentes departamentos e o funcionamento do concello da man do alcalde.
máis informaciónA Sala de Exposicións Antón Mouzo alberga unha exposición de fotografía que vén de expoñerse en Barcelona e Katmandú, mais que en Vimianzo adquire un significado especial ao ser o seu autor, Antonio Nodar, nacido en Baíñas.
máis informaciónA vila de Vimianzo conta cunha nova fonte feita polos traballadores municipais Santiago Pose e José Manuel Castro, contribuíndo a mellorar deste xeito a contorna do castelo.
máis informaciónA antiga escola da Devesa reconvertida en telecentro foi inaugurada o pasado venres polo alcalde ante a presenza de numerosos veciños e veciñas da parroquia de Carnés, Berdoias e Cereixo, futuros usuarios e usuarias deste novo telecentro.
máis informaciónManuel Antelo e Ángel Concheiro celebraban onte a grande acollida que están tendo as xornadas castrexas que contan cunha inscrición que supera xa os 130 inscritos, xente que desde diferentes lugares de Galicia, Portugal e Asturias se achegarán
máis informaciónNovas de