Concello de Vimianzo
22 de agosto de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-12-2012 Máis de 30 nenos e nenas veñen participando desde o luns nos obradoiros de Nadal

Os nenos e nenas a partir de 3 anos aproveitan estes días de vacacións para participar en difernetes obradoiros na Casa da Cultura nos que aprenden a elaborar diferentes adornos propios destas datas.

máis información
22-11-2011 O alcalde e os comerciantes reúnense para promocionar o pequeno comercio

Máis de 30 comerciantes, acompañados polo presidente de ASEMVI, reuníronse onte no salón de plenos co alcalde e a técnica de desenvolvemento local do concello para unificar propostas co fin de promocionar o pequeno comercio.

máis información
26-12-2012 O espírito de Nadal chegou a Vimianzo da man de Papá Noel

Papá Noel deixouse ver por varios lugares do concello durante os pasados días, levando a ilusión a pequenos e maiores, días de festa e nervios que remataron cunha festa de animación na Casa da Cultura e coa entrega de premios do Concurso de Postais

máis información
21-11-2011 Remata o programa de visitas guiadas á Exposición de Antón Mouzo para escolares

A programación de visitas guiadas para escolares á exposición Antón Mouzo, promovida polo concello para dar a coñecer a obra do pintor vimiancés, achegou a máis de 400 rapaces e rapazas á Sala de Exposicións que leva o nome do pintor.

máis información
20-12-2012 Os alumnos e alumnas de Baíñas descobren a exposición de Nodar

Manuel Antelo inauguraba onte no colexio de Baíñas a exposición de Antonio Nodar cunha visión da fotografía de Nodar da man do muxián Xesús Búa.

máis información
19-11-2011 Intérpretes de Vimianzo encheron de música a Casa da Cultura

O público que se achegou ao auditorio da Casa da Cultura este sábado puido gozar dunha tarde musical cos nosos artistas locais, unha boa canteira para a nosa escola de música.

máis información
22-11-2012 Pablo Díaz e Olga Kirk engaiolan coa súa música aos escolares

Os nenos e nenas de 3 a 6 anos dos colexios de Vimianzo, Baíñas e das tres escolas unitarias puideron gozar dun interesante obradoiro de música tradicional da man de Pablo Díaz e Olga Kirk que organizou o concello para festexar o día de Santa Icía

máis información

Novas de

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X