Concello de Vimianzo
18 de decembro de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-08-2018

O turismo culturtal consolídade en Vimianzo con propostas innovadoras

O Concello de Vimianzo despide con gran satisfacción as actividades temáticas do seu programa estival “Vimianzo, historia viva”, centrado no Patrimonio Cultural. A sexta edición dun programa que contribúe en boa parte, a destacar a Vimianzo como un destino cultural dentro da comarca, avalía o resultado das actividades, especialmente das propostas máis innovadoras e atrevidas que se desenvolveron no ano que se celebra o Patrimonio Cultural a nivel europeo. Un ano no que Vimianzo acadou co programa estival, o recoñecemento e distintivo por parte do Ministerio de Cultura, pola súa promoción do Patrimonio como base para un desenvolvemento turístico sustentable.

Rutas temáticas, experimentación e actividades nocturnas

Un dos obxectivos máis claros do programa é destacar o numeroso Patrimonio espallado por todo o municipio, por iso cada verán propóñense diferentes saídas en bus para percorrer estes lugares na compaña de expertos na divulgación do Patrimonio.

O paso do tempo veu consolidando como clásicos algún destes itinerarios temáticos, moi seguidos polo seu interese histórico, orixinalidade temática ou harmonía estética. Algún dos roteiros referidos serviron para coñecer a outra faciana da vila de Vimianzo, o Encoro da Fervenza, ou o Porto de Cereixo.

Ademais nesta edición, decidiuse arriscar para sorprender e achegar o Patrimonio dende novas perspectivas. O patrimonio prehistórico e arqueolóxico, tivo un papel moi destacado, así contempláronse os petróglifos de Boallo na escuridade da noite co colectivo A Rula. Na mesma liña innovadora, atrevéronse a experimentar con pigmentos naturais - os mesmos que empregaron os construtores dos dolmens- nun obradoiro para emular as pinturas dos panteóns do Megalitismo, na que se celebrou a adquisión municipal do dolmen de Pedra Cuberta.

O Castro das Barreiras, tamén propiedade municipal e con gran protagonismo neste 2018, recibiu un novo grupo de visitantes cada quince días. Durante o pasado sábado desenvolveuse no lugar outro obradoiro experimental, neste caso para comprender a elaboración da cerámica castrexa coa Fundación Terra Termarum, con gran éxito de participación e satisfacción.

As actividades nocturnas foron outro dos bloques máis exitosos. Alén da visita a Boallo, no Castelo desenvolvéronse ata tres actividades nocturnas distintas, de carácter diverso pero todas de gran emotividade; Dende a noite dos misterios por desvelar do Castelo – con curuxas e estrañas marcas na pedra- á visita imaxinada do poeta Martelo ou a homenaxe ás vítimas do 36.

O Castelo, emblema de Vimianzo

O Castelo, símbolo do municipio, asumiu o seu papel protagonista centrando boa parte da actividade do programa estival. De modo especial sucedéronse no lugar distintos concertos: noites musicais con Xoan Curiel, Barahunda ou o coro africano de Saint Luc Banabakintu.

Ademais das visitas nocturnas referidas anteriormente, presentouse por primeira vez unha visita guiada especialmente destinada aos menores de 8 anos, para introducilos na apaixonante historia do Castelo. A mesma historia que inspirou cada domingo a compañía teatral“Os Quinquilláns” e que se puido escoltar en visita guiada cada día, de martes a domingo.

En paralelo, o Castelo viu desenvolver outro programa de base patrimonial, neste caso artesanal, co “Vimianzo, artesanía viva”: Xuntanzas, obradoiros e demostracións especiais para destacar a Mostra de Artesanía do Castelo. Un programa que continúa ata mediados do mes de setembro, momento no que o programa de verán pechará definitivamente para facer o reconto final dun verán moi intenso no cultural e no turístico, ámbitos que se suman en Vimianzo de modo especial.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X