Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-08-2018

Máis de 150 persoas participaron no Día da bici

Máis de 150 persoas déronse cita na mañá do domingo 19 de agosto para participar na 7ª edición do Día da bici de Vimianzo.
A cita organizada polo Concello de Vimianzo en colaboración con La Voz de Galicia e co patrocinio de Produtos Cárnicos Dominguez consitiu nun paseo de perto de 12 km polo Val de Vimianzo.
A marcha saiu da Praza do Concello, dirixiuse até Casais, volveu á vila pola rúa rosalía de Castro e de ahí dirixíronse até Cambeda pasando por Somonte.  Na Praza de Cambeda fíxose a parada de avituallamento. Todas as persoas asistentes refrescáronse con augas e rosca elaborada por Pan Ignacio.
Logo por Rasamonde subiron a rúa Tedín en dirección ao xeriátrico de de ahí voltaron á Praza do Concello pola rúa da Torre e a Avenida de Fisterra.
Unha vez na Praza do Concello todas e todos os participantes recibiron un agasallo. Ademáis sorteáronse varias equipacións ciclistas e unha bicicleta, que este ano lle tocou a Sergio Santos de Baio.

Pode acceder a imaxes do Día da bici premento nesta ligazón
Galería de imaxes de La Voz de Galicia

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X