Concello de Vimianzo
2 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

10-05-2017

Programa de vacacións do IMSERSO 2017-2018

Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO

Aberta a 1ª fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso 2017-2018: do 9 de maio ao 7 de xuño de 2017.

Solicitantes:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Deberán valerse por si mesmos e non  padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.

Modalidades:

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, segundo a modalidade:

  • Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e  Murcia.
  • Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.
  • Turismo de Interior, coas seguentes actividades:
    • Circuitos Culturais.
    • Turismo de Natureza.
    • Viaxes a Capitais de Provincia.
    • Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

Servizos incluídos:

  • Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación
  • Póliza colectiva de seguros

Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.

As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.

Prezos por persoa das diferentes quendas:

A previsión de prezos para a tempada 2017/2018 é a seguinte:

8 días (7 noites)10 días (9 noites)15 días (14 noites)15 días combinados (14 noites)
DestinosT. baixaT.altaT. baixaT.altaT. baixaT. alta
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana168,70 €206,30 €216,10 €260,20 €330,20 €371,20 €
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte)144,00 €188,80 €177,40 €227,70 €255,10 € 317,20 € 
Baleares185,70 €240,30 €237,40 €298,60 €328,00 €403,10 €
Baleares (sen transporte)144,00 €188,80 €177,40 €227,70 €
Canarias319,20 €393,60 €560,80 €595,30 €
Canarias (sen transporte)188,80 €227,78 €

Circuitos culturais (7d/6n)

Circuitos culturais (6d/5n)

Circuitos culturais (5d/4n)

289,10 €

262,70 €

224,60 €

Turismo Natureza (5d/4n)

Turismo Natureza (4d/3n)

Capitais Provincia (4d/3n)

Capitais Provincia (3d/2n)

Ceuta ou Melilla (4d/3n)

258,00 €

203,30 €

111,80 €

92,50 €

233,70 €

Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 15 € por noite para os destinos de Península e Baleares, 17 € por noite para Canarias e 19 € para Turismo Interior.

As quendas de Nadal e Fin de ano teñen un suplemento de 21 €

Temporada baixa: As quendas que se inicien dentro dos días do 1 ao 17 de decembro e do 1 ao 31 de xaneiro

Temporada alta: Quendas que se inicien en datas distintas ás anteriores.

  • Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica.
  • Turismo de natureza: Realizaranse en quendas en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza.

Solicitude de praza:

Se a pasada tempada persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.
Se  accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
Recoméndase realizar a solicitude "en liña" xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.
A solicitude servirá para obter a sua acreditación que lle permitirá acceder ás prazas do Programa  e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que  comunique o contrario ao IMSERSO

Unha vez procesadas todas as solicitudes recibidas no prazo sinalado, o Imserso acreditará a tantos usuarios como prazas dispoñibles existan, e procederase, en caso necesario, a aplicar a baremación correspondente, relativa a idade, ingresos e viaxes realizadas con anterioridade.
No mes de setembro de 2017 todas as persoas solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:

  1.  Data na que poden obter os billetes, con garantía de praza, debendo elixir a súa viaxe dentro das dispoñibilidades existentes.
  2.  Para aqueles que unha vez baremados non teñan garantía de praza, notificaráselles  a data a partir da cal poderán dirixirse á Axencia de Viaxes por se houbese vacantes para calquera dos destinos ou datas.

Documentación:

Suprímese a esixencia de achegar a fotocopia do DNI xunto coa solicitude, con independencia que o mesmo será exixible no momento da reserva das viaxes e ao comezo dos mesmos.

Elixirase un destino como máximo por cada unha das opcións (A e B) marcando con un 1 a opción desexada en primeiro lugar e con un 2 a segunda.

Non é necesario que a filla ou fillo con discapacidade formule solicitude independente, chegará con cumprimentar o apartado correspondente na dos seus pais.

Só é posible a unión de solicitudes entre solicitantes dunha mesma provincia de orixe, debendo ter en conta nestes casos que os destinos elixidos e a orde de prioridade deben ser exactamente iguais en ambas as solicitudes.

No caso de que o número de solicitantes sexa superior ao número de prazas do Programa o IMSERSO aplicará uns criterios de selección, tendo en conta as seguintes condicións:

  • Idade da/do solicitante (no caso de matrimonio aplicarase a media)
  • Contía da pensión.
  • Ter viaxado en tempadas anteriores.
  • Condición de familia numerosa.

Lugar de presentación:

Máis información

Prazo de presentación:

Ata o 7 de xuño de 2017.

Concluida esta primera fase, o plazo de presentación de solicitudes manterase aberto a partir do 8 de xuño de 2017, rematando o luns 26 de febreiro de 2018, para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEN DIRIXIRSE A ÁREA DE BENESTAR SOCIAL DO CONCELLO



Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X