Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-12-2011

O alcalde e os técnicos de cultura e deportes presentan a programación de Nadal

A programación cultural e deportiva de Nadal vén repleta de actividades para todos os públicos, aínda que o prato forte se reserva para o público infantil, cunha Festa de Nadal, unha Festa de Fin de Ano e a tradicional Recepción dos Reis Magos.

As actividades desenvolveranse entre os días 23 de decembro e 8 de xaneiro, con diferentes actividades: obradoiros de decoración en todas as parroquias, tardes de Nadal na Casa da Cultura con actividades para nenos e adultos, xogos de mesa, torneo de escoba e de tute, olimpíadas de raquetas no pavillón municipal, cine de Nadal e un festival de Cantos de Nadal e de Reis. Os festivais, máis orientados para o público infantil, serán o día 23 unha festa de Nadal co Papá Noel marchoso a cargo da compañía Duende Sico; o día 31 unha festa de Fin de Ano infantil con badaladas e cotillón; o día 2 visitaranos o carteiro real e o día 5 a tradicional Cabalgata de Reis que visitará todas as parroquias e a posterior recepción na Casa da Cultura. Para rematar coas actividades de Nadal o día 8 realizarase o III Duatlón de Reis, unha proba que consiste en percorrer 27 quilómetros, combinando bicicleta e carreira a pé.

Consulta aquí a programación completa

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X