Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-11-2016

Carlos Blanco e Luis Davíla (O Bichero) actuarán en Vimianzo o 25 de novembro

Carlos Blanco regresa a Vimianzo despois de encher o Auditorio da Casa da Cultura o mes pasado. Desta volta virá acompañado do debuxante Luis Davíla, O Bichero e representarán “Menú da fala”.

O “Menú da Fala” é unha homenaxe á lingua, unha celebración oral que fai unha simbiose entre narración e imaxe para poñer en valor o noso idioma, xogando e gozando para mantelo vivo e darlle brillo, adaptado aos tempos que corren. Carlos Blanco e Luís Davila fan fotografías do natural amosando o orgullo do galego, con notas de humor e debuxos únicos.

A representación encádrase dentro do ciclo DAC-Outono Cultural. Un programa da Deputación da Coruña concibido para difundir as figuras e efemérides culturais que se celebraron no ano 2016 en Galicia: Manuel María (Día das Letras Galegas), Irmandades da Fala (Centenario) e Alfonso Castelao (Ano Castelao Artista) a través de varios espectáculos escénicos.

Carlos Blanco e O Bichero actuarán en Vimianzo o vindeiro venres 25 de novembro. A entrada é de balde até completar aforo (400 butacas).

Dentro do mesmo programa o martes 22 representarase a obra “Os contos de Barriga Verde”, destinado ao alumnado de primaria dos centros de ensino do concello e “Retrincos de Castelao”, con Isabel Risco e Fran Rei, destinado ao alumnado do IES Terra de Soneira.

Este sábado ás 21:30 h no Auditorio da Casa da Cultura a compañía Lisístrata representará a obra “Miña casiña, meu lar”. A entrada é de balde.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X