Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-12-2015

O Festival Solidario do Concello de Vimianzo resultou todo un éxito

A terceira edición do Festival Solidario que organzou o Concello de Vimianzo en colaboración con Cáritas e coa Cruz Vermella resultou todo un éxito.

Máis de 400 persoas déronse cita o domingo pola tarde no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo para gozar coas actuacións de grupos de baile e pandeireta de Vimianzo, do Mago Pedro Bugarín e dos compoñentes da Asociación Cherinkas, nunha gala conducida polo it-boy Javi Mos

A recadación das entradas, de venda das rifas e distintos donativos superou os 4000€ que se repartirán entre Cáritas e a Cruz Vermella para que os destinen aos fins das súas respectivas asociacións.

Tamén houbo unha recollida de alimentos que superaron os 700 kg e que serán repartidos polas asociacións entre as persoas que o precisen.

No transcurso da gala sorteáronse 100 agasallos que foron doados polos comercios de Vimianzo.

Dende a organización queren expresar a súa gratitude para cos colaboradores e xa están pensando na organización da gala do ano próximo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X