Concello de Vimianzo
8 de decembro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

23-12-2015

O Concello de Vimianzo colabora na organización dunha Gala Solidaria

A Plataforma de Asociacións de Vimianzo leva varias semanas traballando a organización da Gala Solidaria do vindeiro domingo, un evento que pretende recadar fondos para as familias máis necesitadas do concello que se xestionarán a través de Cáritas Vimianzo e a Cruz Vermella.
Todo o que se xunte coa venda de entradas, que nesta ocasión se fai de xeito anticipado, coa venda de rifas e coas doazóns de empresarios e particulares irá destinado a estas dúas asociacións vimiancesas que traballan arreo todo o ano para atender as necesidades básicas das familias do concello que teñen máis carencias económicas. Ademais da recadación enconómica tamén se realizou unha exitosa recollida de alimentos non perecedeiros que se levou a cabo nas parroquias a través de diferentes colectivos.
Tamén os negocios do concello participan nesta festa solidaria doando os agasallos que se sortearán durante a Gala, o domingo realizarase o sorteo simultaneamente coas actuacións de máis de 200 agasallos.
E, como non podía ser doutro xeito música da casa para amenizar a xornada. O domingo haberá baile tradicional e danza galega da man de Trubisquiña, Airiños do Río Grande e Foliada de Salto, pandeireteiras de Baíñas e Berdoias, humor da man de Teatro du Cherinkas e maxia a cargo de Pedro Bugarín, todo baixo a batuta dun gran mestre de cerimonias como é o polifacético Javi Mos.
Aquelas persoas que queiran participar desta festa solidaria poden mercar as entradas en Cáritas Vimianzo, Cruz Vermella ou no departamento de Promoción Económica do Concello de Vimianzo. As entradas venderanse ata completar aforo.
O domingo agardámosvos no Auditorio da Casa da Cultura. A cita ás 18 horas

Descargas

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X