Concello de Vimianzo
19 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

16-12-2015

Arrinca a programación de Nadal do Concello de Vimianzo

O venres 18 Papá Noel visitará ao alumnado das escolas unitarias de Carnés, Carantoña e Castromil e ás 11 o Mago Pedrini actuará no Auditorio da Casa da Cultura para o alumnado do Ceip San Vicenzo.

O luns 21 o alumnado da Escola Infantil Municipal recibirá a visita de Papá Noel.
O luns e o martes 21 e 22 de decembro na Biblioteca Municipal desenvolveranse os obradoiros das Tardes de Nadal na Casa da Cultura. Poderán participar en distintas quendas nenas e nenos maiores de 3 anos.

Dende o mércores 23 até o luns 28 estarán expostas as postais de Nadal que participaron no Concurso de Postais de Nadal.

O mércores 23 desenvolverase a Festa de Nadal. Ás 18:30 visitaranos o Apalpador, ás 19:00 entregaranse os premios do Concurso de Postais de Nadal e ás 20:00 o artista Pablo Díaz achegaranos as súas cancións infantís.

O sábado 26, no Auditorio da Casa da Cultura, ás 18:30 o grupo de teatro infantil Baobad representará a obra “Martes”.

O domingo 27 ás 18:00 desenvoverase a, xa tradicional, Gala Solidaria organizada pola Plataforma solidaria das asociacións de Vimianzo. A recadación irá destinada a Cáritas e á Cruz Vermella.

O luns 28 ás 18:00, no Auditorio da Casa da Cultura, representarase a obra de teatro infantil “Papirofléxias! O asteroide de papel”.

O martes 29 e o mércores 30 na Biblioteca Municipal desenvolveranse os obradoiros das Tardes de Nadal na Casa da Cultura. Poderán participar en distintas quendas nenas e nenos maiores de 3 anos.

O sábado 2 na Casa da Cultura, de 17:00 a 19:00 desenvolverase un obradoiro de cartas aos Reis Magos e a visita do Carteiro Real.

O domingo 3 ás 18:30 no Auditorio da Casa da Cultura, Talía Teatro representará a obra infantil “Sopa de sapo”.

O luns 4 na Biblioteca Municipal desenvolveranse os obradoiros das Tardes de Nadal na Casa da Cultura. Poderán participar en distintas quendas nenas e nenos maiores de 3 anos.

O martes 5 dende as 10 da mañá os Reis Magos percorrerán todas as parroquias do Concello. Ás 20:00 chegarán ao Auditorio da Casa da Cultura. Despois da visita dos Magos o alumnado das escolas municipais de Pandeireta e Gaita ofrecerán un recital de Cantos de Nadal.

O venres día 8 ás 19:00, no Auditorio da Casa da cultura, Uxía Senlle e Magín Blanco ofrecerán o espectáculo infantil “María Fumaça”, organizado polo Serevizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Deputación da Coruña.

O domingo 10 ás 11:00 h na praza de Castromil (Salto), arrincará a 7ª edición do Duatlón de Reis.

Poden obter máis información da programación na páxina web municipal (www.vimianzo.gal), nos perfís de Facebook(http://facebook.com/concellovimianzo) e Twitter (http://twitter.com/Vimianzo15129) do Concello de Vimianzo ou no Departamento de Cultura.



Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X