Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

23-11-2015

A Unión Europea aproba o Proxecto "ERN4mob" promovido polo Concello de Vimianzo

O proxecto «ERN4mob – European Rural Network for Job Mobility» («Rede Rural Europea para a Mobilidade Laboral») acaba de ser aprobado pola Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA) da Unión Europea, no marco do programa Europa cos Cidadáns. Trátase dun dos 12 únicos proxectos aprobados en toda a Unión Europea dentro deste programa.

ERN4mob é un proxecto europeo dirixido á cidadanía do medio rural, cofinanciado polo programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 (Medida 2.2: Redes de Cidades), e ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e de fóra dela que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que traballe a prol da cidadanía para a integración social e laboral, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural. O proxecto ERN4mob ten un orzamento total de 127.500,00 euros, cofinanciado nun 100 % polo programa Europa cos Cidadáns.

470 cidadáns de todas as idades, que residan nas comunidades locais do proxecto, poderán participar nos diferentes encontros internacionais previstos. O primeiro e o derradeiro deles terán lugar en Vimianzo: o encontro de posta en marcha, en febreiro de 2016, e un Congreso internacional para a mobilidade no rural da UE, en novembro de 2017.

O proxecto ERN4mob está promovido polo Concello de Vimianzo, xunto con institucións doutros cinco países: outros dous concellos, de Italia e Polonia (Petrosino e Kostrzyn nad Odra), a Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo (Portugal), o Consello de Distrito de Newry, Mourne e Down (Irlanda do Norte, Reino Unido) e a Prefectura de Fthiotida (Grecia). A idea do proxecto xorde a raíz do feito de ser o municipio de Vimianzo unha zona caracterizada pola emigración dos seus cidadáns, principalmente por razóns económicas e laborais. No proxecto participarán así 24 municipios rurais de 6 países da UE, que desenvolverán durante un período de 2 anos (entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017) un amplo abano de actividades de participación cidadá a nivel local e internacional co fin de sentar as bases dunha Rede rural europea para a mobilidade laboral.

A través destas accións, realizarase un diagnóstico da situación e as necesidades das comunidades participantes no proxecto sobre a mobilidade laboral europea, identificaranse boas prácticas locais, nacionais e europeas que serán transferidas á rede e desenvolveranse liñas de actuación, actividades e ferramentas para ser promovidos por esta a fin de mellorar os servizos de apoio á integración positiva das persoas involucradas nun proceso de mobilidade, así como para fomentar a convivencia na diversidade das comunidades participantes. Por último, co fin de garantir a continuidade da rede máis alá da vida do proxecto, elaborarase un plan de transferibilidade e sustentabilidade.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X