Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-11-2011

I Concurso de curtas co móbil

Cartel Curtas co móbil

Os Concellos de Abegondo e Vimianzo, en colaboración coa Rede CeMIT da Xunta de Galicia, estamos organizando o I Concurso de curtas co móbil dirixido a rapazas e rapaces matriculados na ESO ou Bacharelato da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre 14 e 20 anos e que dispoñan dunha aula CeMIT no seu concello ou nos arredores.


Esta iniciativa, que xorde por parte das responsables das aulas CeMIT dos concellos indicados, ten como finalidade fomentar o traballo en equipo entre o alumnado dos centros educativos participantes, así coma o uso da Lingua Galega nas TICs, explorar e dar a coñecer a creatividade audiovisual presente na poboación estudantil e utilizar as aulas CeMIT como un espazo para a creación e para a comunicación.

O concurso constará de dúas fases:
  • Fase provincial (votacións dende 07/03/2012 ata o 08/04/2012)- Seleccionarase a curta gañadora por cada provincia de entre todas as presentadas.
  • Fase Autonómica (votacións dende o 18/04/2012 ata o 20/05/2012.)- De entre catro curtas finalistas, elixirase a curta gañadora.

En ambos casos, un xurado formado por persoal especializado seleccionará os finalistas provinciais e gañadores autonómicos entre as curtametraxes máis votadas, debendo estas cumprir os requisitos específicos que se atopan recollidos nas bases do concurso.

Como novidade, cómpre destacar que a plataforma utilizada para colgar as curtas participantes, así como para levar a cabo o sistema de valoración será o facebook. Isto implica que todas persoas que estean rexistradas nesta plataforma e que accedan á páxina facebook/imitxunta poidan votar a micromovie que consider mellor a través do sistema de “Gústame”.

O prazo de inscrición remata o 29/02/2012, polo que dende o Concello de Vimianzo animamos a todos os rapaces e rapazas a participar nesta iniciativa.


Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X